Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.263

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do transporte público de mercadorías por estrada.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector do transporte público de mercadorías por estrada, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-2-1999, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Transportes Discrecionales de Mercancías, Asociación de Agencias de Transportes, Asociación de Transporte Frigorífico, Asociación de Transporte de Pescado, e, da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data 21-1-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre tras

paso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de febreiro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o transporte público de mercadorías por estrada da provincia

de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta a tódalas empresas dedicadas ás actividades de transporte regular e discrecional de mercadorías e axencias de transporte, que estean na provincia de Pontevedra e que, aínda estando fóra dela, teñan establecemento dentro desta no que respecta ó seu persoal.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

O presente convenio terá unha duración de dous anos, contados desde o 1 de abril de 1998 ata o 31 de marzo do 2000. Entrará en vigor ós dez días da sinatura, aínda que os efectos económicos dos salarios pactados para o primeiro ano de vixencia do convenio se retrotraerán ó 1 de abril de 1998.

Entenderase prorrogado de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes, con tres meses de antelación, polo menos, á data do seu remate. A dita denuncia deberá facerse por escrito, dirixida á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As presentes normas obrigan a totalidade do persoal contratado pola empresa, tanto se realizan función técnica como manual, exceptuando unicamente aquelas persoas ás que alude o artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Compensación de melloras.

As condicións pactadas son compatibles na súa totalidade coas que xa viñesen rexendo por mellora voluntaria concedida pola empresa.

Artigo 5º.-Absorción.

As melloras que por disposición legal ou regulamentariamente poidan establecerse no futuro, serán absorbibles polos aumentos acordados no presente convenio, sempre e cando superen os beneficios que se concedan no seu conxunto.

Artigo 6º.-Situacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas estrictamente ad personam.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou do lugar, implantadas polas empresas que significasen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7º.-Soldos e salarios.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, terá que rexerse para cada un dos anos de vixencia do convenio, polas táboas salariais anexas; a táboa anexa I para o período 1-4-1998 ó 31-3-1999, e a táboa salarial anexa II para o período 1-4-1999 ó 31-3-2000.

Artigo 8º.-Antigüidade.

A promoción económica en función do traballo desenvolvido, que se devengará desde o día 1 do mes natural seguinte ó seu vencemento, queda fixada nun 5% do salario base ós cinco anos, un 10% ós dez anos, un 15% ós quince anos e un 20% ós vinte ou máis anos de servicios computables.

Ós traballadores que viñesen percibindo importes polo concepto de antigüidade, calquera que fose a súa denominación, en contía superior á que resulte do novo sistema establecido no parágrafo anterior, respectaráselles a título persoal, mentres lles resulte máis favorable, o dereito a cobra-la cantidade que viñesen percibindo por tal concepto o 31 de decembro de 1997; ós que nesa data estean en curso de adquisición dun novo trámite temporal recoñeceráselles no seu momento, agás que ámbalas partes acorden outra forma de compensación, o dereito a cobrar, a título persoal, a cantidade que terían devengada ó consolidalo, calculada conforme os salarios vixentes en tal momento.

Artigo 9º.-Conductor de guindastre.

O conductor de vehículos con guindastre que realice ó propio tempo funcións de operador de guindastre, terá dereito a un complemento salarial consistente no importe de 4.000 ptas. mensuais para o 1º ano de vixencia e 5.000 ptas. mensuais para o 2º ano de vixencia, agás aqueles conductores operadores de guindastre que veñan percibindo cantidades superiores á establecida nesta cláusula.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de trinta días e serán calculadas sobre a táboa salarial que corresponda máis antigüidade, se é o caso. Denominaranse 25 de xullo, Nadal e beneficios, e faranse efectivas antes do 22 de xullo, 22 de decembro e 15 de marzo, respectivamente.

Artigo 11º.-Vacacións.

O período anual de vacacións será de trinta días naturais, que se desfrutarán nun ou dous períodos.

En caso de fraccionamento, un dos períodos nunca será inferior a catorce días, e os traballadores terán dereito a desfrutar un día máis nun deles.

Un deles desfrutarase preferentemente nos meses de verán.

As datas de desfrute acordaranse entre empresario e traballadores, e non poderán iniciarse nin en domingo nin en festivo.

Artigo 12º.-Traballos nocturnos.

As horas traballadas durante o período abranguido entre as dez da noite e as seis da mañá, terán unha retribución específica incrementada nun 25% sobre o salario base.

Exclúense do cobro do expresado complemento os traballadores que, coa categoría de serenos, gardas e vixilantes así como a de lavacoches e mecánico de taller (co límite nos dous últimos casos de un cada dez vehículos por empresa) fosen contratados especificamente para traballar no período nocturno.

Tamén se exclúen do cobro deste complemento os demais traballadores que realicen traballos nocturnos cos que pactasen condicións salariais máis favorables e/ou de reducción de xornada laboral, na proporción antes indicada.

Artigo 13º.-Axudas de custo.

O persoal que saia da súa residencia por causas do servicio, terá dereito á percepción dunha indemnización polos gastos que se lle orixinen, que recibirá o nome de axudas de custo.

No caso de que non se traslade en vehículo da empresa, terá dereito a que se lle aboe o importe do billete en segunda clase, con dereito a liteira se a viaxe fose nocturna.

O importe das axudas de custo para o primeiro ano de vixencia de convenio será o que a seguir se reflicte:

1. Galicia: 4.439 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 1.210 pesetas a comida, 1.210 pesetas a cea e 2.019 pesetas a noite.

2. Territorio nacional e Portugal: 5.322 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 1.452 pese

tas a comida, 1.452 pesetas a cea, e 2.419 pesetas a noite.

3. Restantes países europeos: 9.761 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 2.660 pesetas a comida, 2.660 pesetas a cea e 4.441 pesetas a noite.

A empresa terá a facultade de asumi-lo pagamento do aloxamento e a comida do traballador en substitución de axudas de custo.

Nos casos de destacamento, as axudas de custo establecidas no presente artigo sufrirán unha reducción do 33%, sen prexuízo da facultade do precedente parágrafo que recoñece a empresa.

Devengarán axudas de custo enteiras os que saian da súa residencia antes das doce horas e regresen despois das cero horas.

Percibirase a parte da axuda de custo correspondente á comida do mediodía sempre que o traballador saia da súa residencia antes das doce horas e regrese despois das catorce horas.

Cobraranse axudas de custo para a cea cando a saída se efectúe antes das vinte horas e a chegada despois das vintedúas horas.

A de pasa-la noite correspóndelle ós que cheguen á residencia despois das cero horas.

Para o segundo ano de vixencia do convenio, o importe polo concepto de axudas de custo será o seguinte:

1. Galicia: 4.550 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 1.240 pesetas a comida, 1.240 pesetas a cea e 2.070 pesetas a noite.

2. Territorio nacional e Portugal: 5.455 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 1.488 pesetas a comida, 1.488 pesetas a cea e 2.479 pesetas a noite.

3. Restantes países europeos: 10.005 pesetas a axuda de custo completa, repartidas en 2.727 pesetas a comida, 2.727 pesetas a cea e 4.551 pesetas a noite.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada semanal ordinaria de traballo será de 40 horas efectivas para todo o persoal, de acordo co Estatuto dos traballadores.

A xornada anual ordinaria será de 1.826 horas e 27 minutos de traballo efectivo.

Cando a súa distribución a nivel de empresa supoña a superación das 40 horas semanais, o control e cómputo da xornada verificarase bimestralmente en termos de media.

Cando por razóns obxectivas sexa necesario, as partes negociarán outros sistemas de cómputo e control, e respectarase, en todo caso, o tempo máximo

de xornada ordinaria anual mencionada anteriormente.

Para efectos de xornada, será de aplicación o disposto no Real decreto 1561/1995, do 8 de novembro, e demais disposicións específicas para o sector de transportes.

Artigo 15º.-Traballos en domingos e festivos.

Os domingos e festivos se, por excepcional necesidade da empresa, o traballador non puidese desfrutar do seu descanso neses días, farao dentro da semana seguinte, sinalándose o día con anterioridade ou cobrarao co incremento establecido na lexislación vixente.

Artigo 16º.-Horas extraordinarias estructurais.

Para os efectos do previsto no Real decreto 92/1983 e a Orde do 1 de marzo de 1983 do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, sobre cotización adicional de horas extraordinarias estructurais, consideraranse como tales as que se realicen con ocasión de accidentes ou para solucionar necesidades urxentes e apremantes que veñan esixidas de inmediato polo servicio, as que obedecen a períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da propia natureza da actividade de transportes.

Artigo 17º.-Cadernos de control.

Todo o persoal, traballe ou non horas extraordinarias, será provisto dun caderno individual ou de ficha de control, no cal se irán anotando aquelas, así como as sucesivas liquidacións que se fagan.

Artigo 18º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que esta dispón en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do vinte por cento das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa

pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto un do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario ó que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Artigo 19º.-Cesamentos.

Todo empregado terá dereito a rescindi-lo seu contrato de traballo, sen estar obrigado a alega-las causas da súa determinación.

Para iso, o persoal comunicaralle á dirección da empresa a data do seu cesamento cunha antelación mínima de 15 días, agás para o persoal non cualificado para o cal o aviso será de oito días.

Cando un traballador pretenda a rescisión do contrato, deberá seguir prestando os seus servicios mentres non transcorran os prazos sinalados no presente artigo.

O abandono do posto de traballo sen que transcorresen os prazos sinalados, será penalizado cunha sanción económica equivalente ó salario base dos días que falten desde o abandono do servicio ata a data en que, cumprido o trámite de aviso, lle correspondense o cesamento.

Artigo 20º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

O traballador excedente conserva só o seu dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa.

Artigo 21º.-Uniformes.

Cumprirán a empresa e o traballador canto se refire á uniformidade, consonte o que se determine no vixente acordo xeral para as empresas de transporte de mercadorías por estrada.

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

As empresas que dispoñan de taller facilitaranlle ó seu persoal calzado axeitado, tendo en conta para iso o traballo específico que o dito persoal efectúe no taller.

Artigo 23º.-Seguro de accidente laboral.

A empresa contratará, totalmente pola súa conta, un seguro colectivo a favor dos seus traballadores de 2.600.000 pesetas por cada un, de xeito que en caso de falecemento por accidente laboral ó servicio da empresa, a cantidade citada sexa cobrada polos seus herdeiros legais.

O capital asegurado pasará a 2.700.000 pesetas con efectos do 1 de agosto de 1999 e a 2.800.000 pesetas con efectos do 1 der agosto do ano 2000.

Este seguro non constitúe unha substitución das obrigas da empresa en materia de Seguridade Social, senón un complemento desta.

Artigo 24º.-Accidente de traballo e enfermidade.

Durante a situación de incapacidade laboral transitoria derivada de accidente de traballo, as empresas completarán ata o importe íntegro o salario do convenio e por un máximo de tres meses, contados desde a data da baixa, a prestación económica aboada pola Seguridade Social.

Se, ocorrido o accidente de traballo, se hospitalizase o traballador, as empresas deberán completar, durante a hospitalización e por un máximo de seis meses, incluído o período de tres meses citado no parágrafo anterior, a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Por outra parte, nas situacións de incapacidade laboral transitoria derivadas de enfermidade común que motive hospitalización, as empresas completarán durante a hospitalización e ata un máximo de seis meses, a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Artigo 25º.-Retirada do carné de conducir.

En caso de que por resolución administrativa se produza a retirada do carné de conducir a un conductor por un período non superior a seis meses, durante a vixencia do convenio e conducindo un vehículo da empresa para a que preste os seus servicios, esta comprométese a facilitarlle ó conductor afectado o posto de traballo máis idóneo, de acordo coa súa categoría profesional.

Se a retirada do carné de conducir é por resolución xudicial firme, o período non será superior a 90 días.

Artigo 26º.-Xubilación anticipada.

As empresas e traballadores poderán pactar, logo de común acordo entre ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto

no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo. As empresas deberán substituílos ó mesmo tempo do seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

Por outra parte, o traballador que con dez anos ó servicio da empresa decida xubilarse anticipadamente, percibirá unha gratificación nas contías seguintes:

-Ós 61 anos de idade: catro mensualidades.

-Ós 62 anos de idade: tres mensualidades.

-Ós 63 anos de idade: dúas mensualidades.

Artigo 27º.-Pagamento de multas.

As multas por infraccións de tráfico imputables a culpa ou imprudencia do traballador, serán aboadas por este. En caso de que a infracción non se deba a culpa ou imprudencia do traballador, as multas serán aboadas pola empresa.

Artigo 28º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio, e, en xeral, para entender en cantas cuestións se deriven da aplicación deste, establécese unha comisión paritaria, integrada por un número igual de representantes económicos e das centrais sindicais signatarias do convenio.

A citada comisión elixirá o presidente desta, que non poderá ser membro do citado órgano.

Artigo 29º.-Indivisibilidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, considerado na súa totalidade.

Artigo 30º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio haberá que aterse ó disposto no acordo estatal para o transporte de mercadorías por estrada e demais disposicións legais vixentes, así como regulamentos da CEE e convenio número 153 da OIT, mentres sexan de aplicación en España.

Disposicións adicionais

Primeira.-Recoñecemento médico.

Dadas as características da actividade de transportes por estrada, recoméndaselles ás empresas que, voluntariamente e logo de acordo cos traballadores, leven a cabo anualmente recoñecementos médicos a través dos servicios correspondentes das mutuas patronais de accidentes de traballo, ou na forma que consideren más idónea.

Segunda.-Atrasos salariais.

As diferencias debidas polas empresas como consecuencia da entrada en vigor deste convenio con posterioridade ós seus efectos económicos do 1 de

abril, serán aboadas no prazo máximo de 60 días, contados desde a súa entrada en vigor.

Terceira.-Partes asinantes.

As partes que asinan o presente convenio son as seguintes:

En representación dos traballadores, a central sindical UGT.

En representación dos empresarios, as asociacións de empresarios de transporte discrecional de mercadorías, transporte frigorífico, axencias de transporte de peixe fresco.

Vigo, 21 de xaneiro de 1999.

ANEXO I

Táboa de salarios

(Vixencia 1-4-1998 ó 31-3-1999)

Pesetas

Grupo I. Persoal superior e técnicos
Subgrupo A)
I. Xefe de servicio143.722 mes
II. Inspector principal125.755 mes

Subgrupo B)
I. Enxeñeiros e licenciados131.934 mes
II. Enxeñeiros técnicos e Aux. titulados101.055 mes
III. Axudantes técnicos sanitarios92.077 mes

Grupo II. Persoal administrativo
I. Xefe de sección104.797 mes
II. Xefe de negociado97.313 mes
III. Oficial de primeira90.663 mes
IV. Oficial de segunda83.102 mes
V. Auxiliar administrativo78.823 mes
VI. Aspirantes de 16 e 17 anosSalario mínimo

segundo a súa idade

Sección 2ª. Persoal de axencias de transporte
I. Encargado xeral108.546 mes
II. Encargado de almacén103.549 mes
III. Capataz98.561 mes
IV. Auxiliar de almacén e basculeiro83.293 mes
V. Mozo especializado2.893 día
VI. Mozo carga, descarga e reparto2.802 día

Subgrupo B). Transporte de mercadorías
I. Xefe de tráfico de primeira108.546 mes
II. Xefe de tráfico de segunda103.549 mes
III. Xefe de tráfico de terceira98.561 mes
IV. Conductor-mecánico3.172 día
V. Conductor3.062 día
VI. Conductor de motos e furgonetas2.983 día
VII. Axudante2.903 día
VIII. Mozo especializado2.893 día
IX. Mozo de carga, descarga e reparto2.802 día

Grupo H). Transporte de mobles, mudanzas e gardamobles
I. Xefe de tráfico108.546 mes
II. Inspector-visitador103.549 mes
III. Encargado almacén e gardamobles98.561 mes
IV. Capataz98.561 mes
V. Capitonista2.956 día
VI. Mozo especializado2.956 día
VII. Mozo2.802 día
VIII. Carpinteiro3.172 día

Pesetas

IX. Conductor-mecánico3.172 día
X. Conductor3.062 día
XI. Conductor furgonetas ou motocicletas2.983 día

Grupo IV. Persoal de talleres
I. Xefe de taller114.488 mes
II. Encargado ou contramestre98.049 mes
III. Encargado xeral95.785 mes
IV. Encargado de almacén92.092 mes
V. Xefe de equipo3.275 día
VI. Oficial de primeira3.133 día
VII. Oficial de segunda2.997 día
VIII. Oficial de terceira2.882 día
IX. Mozo de taller2.584 día
X. Traballadores en formaciónSalario mínimo

segundo a súa idade

Grupo V. Persoal subalterno
I. Cobrador de facturas78.823 mes
II. Telefonista78.823 mes
III. Porteiro78.823 mes
IV. Vixilante78.823 mes
V. Limpadora (por horas)313 hora
VI. Mozo de recados

de 16 e 17 anos

Salario mínimo

segundo a súa idade

Vigo, 21 de xaneiro de 1999.

ANEXO II

Táboa de salarios

(Vixencia 1-4-1999 ó 31-3-2000)

Pesetas

Grupo I. Persoal superior e técnicos
Subgrupo A)
I. Xefe de servicio147.315 mes
II. Inspector principal128.899 mes

Subgrupo B)
I. Enxeñeiros e licenciados135.232 mes
II. Enxeñeiros técnicos e Aux. titulados103.581 mes
III. Axudantes técnicos sanitarios94.379 mes

Grupo II. Persoal administrativo
I. Xefe de sección107.417 mes
II. Xefe de negociado99.746 mes
III. Oficial de primeira92.930 mes
IV. Oficial de segunda85.180 mes
V. Auxiliar administrativo80.823 mes
VI. Aspirantes de 16 e 17 anosSalario mínimo

segundo a súa idade

Sección 2ª. Persoal de axencias de transporte
I. Encargado xeral111.260 mes
II. Encargado de almacén106.138 mes
III. Capataz101.025 mes
IV. Auxiliar de almacén e basculeiro85.375 mes
V. Mozo especializado2.965 día
VI. Mozo carga, descarga e reparto2.872 día

Subgrupo B). Transporte de mercadorías
I. Xefe de tráfico de primeira111.260 mes
II. Xefe de tráfico de segunda106.138 mes
III. Xefe de tráfico de terceira101.033 mes
IV. Conductor-mecánico3.251 día
V. Conductor3.139 día
VI. Conductor de motos e furgonetas3.061 día
VII. Axudante2.976 día
VIII. Mozo especializado2.965 día
IX. Mozo de carga, descarga e reparto2.872 día

Pesetas

Grupo H). Transporte de mobles, mudanzas e gardamobles
I. Xefe de tráfico111.260 mes
II. Inspector-visitador106.138 mes
III. Encargado almacén e gardamobles101.025 mes
IV. Capataz101.025 mes
V. Capitonista3.030 día
VI. Mozo especializado3.030 día
VII. Mozo2.872 día
VIII. Carpinteiro3.251 día
IX. Conductor-mecánico3.251 día
X. Conductor3.139 día
XI. Conductor furgonetas ou motocicletas3.058 día

Grupo IV. Persoal de talleres
I. Xefe de taller116.801 mes
II. Encargado ou contramestre100.031 mes
III. Encargado xeral97.720 mes
IV. Encargado de almacén93.953 mes
V. Xefe de equipo3.343 día
VI. Oficial de primeira3.211 día
VII. Oficial de segunda3.072 día
VIII. Oficial de terceira2.954 día
IX. Mozo de taller2.636 día
X. Traballadores en formaciónSalario mínimo

segundo a súa idade

Grupo V. Persoal subalterno
I. Cobrador de facturas80.794 mes
II. Telefonista80.794 mes
III. Porteiro80.794 mes
IV. Vixilante80.794 mes
V. Limpadora (por horas)321 hora
VI. Mozo de recados

de 16 e 17 anos

Salario mínimo

segundo a súa idade

Vigo, 21 de xaneiro de 1999.