Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 01 de marzo de 1999 Páx. 2.269

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 23 de febreiro de 1999 pola que se acorda continua-la tramitación, con cargo ós orzamentos do ano 1999, das solicitudes presentadas ó abeiro das ordes do 8 maio de 1996 e do 15 de xuño de 1998, de axudas a medidas forestais na agricultura.

Con data 20 de maio de 1996, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes publicou a Orde do 8 de maio de 1996 de axudas a medidas forestais na agricultura.

Con data 17 de xuño de 1998, a Consellería de Medio Ambiente publicou a Orde do 15 de xuño de 1998 de axudas a medidas forestais na agricultura. De conformidade co disposto na súa disposición adicional segunda, foron tidas en conta solicitudes presentadas ó abeiro da Orde do 8 de maio de 1996 de axudas a medidas forestais na agricultura. Nembargantes, quedaron aínda sen atender solicitudes por falta de crédito.

Dado o importante volume de novas solicitudes de axuda recibidas, ó abeiro da Orde do 15 de xuño de 1998 de axudas a medidas forestais na agricul

tura, con data 9 de decembro de 1998, a Consellería de Medio Ambiente publicou a Orde do 27 de novembro de 1998 pola que se amplía o prazo para comunica-la aprobación e a contía das axudas que se concedan ás solicitudes formuladas ó abeiro da Orde do 15 de xuño de 1998 de axudas a medidas forestais na agricultura.

Por todo o exposto, é preciso continuar no ano 1999 a tramitación das solicitudes presentadas ó abeiro das ordes de axudas a medidas forestais na agricultura, do 8 de maio de 1996 e do 15 de xuño de 1998.

En consecuencia e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente, o Decreto 482/1997, do 30 de decembro e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

As solicitudes formuladas ó abeiro da Orde do 8 de maio de 1996, de axudas a medidas forestais na agricultura, ás que non lles foi concedida a subvención solicitada por falta de crédito, poderán ser tidas en conta ó abeiro da presente orde durante o exercicio de 1999. A tramitación dos expedientes efectuarase conforme os criterios e requisitos indicados na Orde de 8 de maio de 1996, de axudas a medidas forestais na agricultura, e continuará a partir do trámite no que se atopen os expedientes no momento da publicación no DOG da presente orde.

Artigo 2º.

As solicitudes de axuda presentadas ó abeiro da Orde do 15 de xuño de 1998 de axudas a medidas forestais na agricultura poderán ser tidas en conta na presente orde durante o exercicio de 1999.

Para a tramitación administrativa seguirán vixentes os criterios e requisitos indicados na devandita orde, e continuará a partir do trámite no que se atopen os expedientes no momento da publicación no DOG da presente orde.

Artigo 3º.-Financiamento.

As accións previstas na presente orde financiaranse, no exercicio do ano 1999, con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 15.02.614-C 770.0 por un importe de 455.474.814 pesetas, e na aplicación 15.02.731-A 770.0 por un importe de 823.701.958 pesetas, que poderán ser incrementadas con fondos comunitarios, do Estado ou da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

Única.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1999.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente