Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.143

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (171/1998-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 171/1998-10 por instancia de Robert Hamilton Dolan e axentes da policía nacional número 42315 e 43643 contra Severo Hernández Carnero, nas actuacións do cal se dictou sentencia que ten como encabezado e parte dispositiva á letra di:

«Sentencia. En nome de El-Rei. En Santiago de Compostela o 28 de xaneiro de 1999.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 171/1998 no que actuaron como partes, como denunciantes Robert Hamilton Dolan e axentes da policía nacional número 42315 e 43643 e como denunciado Severo Hernández Carnero. Foi parte o Ministerio Fiscal. Decido:

Que debo condenar e condeno a Severo Hernández Carnero, como autor dunha falta do artigo 634 á pena de 10 días con cota diaria de 200 ptas., así como ás custas procesuais.

A dita pena deberá facela efectiva unha vez firme esta resolución cando sexa requirido para o efecto e, de non facerse efectiva, imponse a pena privativa de liberdade que se cumprirá en centro penitenciario dun día por cada dúas cotas diarias que deixase de pagar.

Contra esta sentencia, poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de 5 días desde a notificación

mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse ter pedida a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta

daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Robert Hamilton Dolan, expido e asino en Santiago de Compostela o tres de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado