Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.142

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SEIS DE XIXÓN

EDICTO (686/1996).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Xixón, o 30 de decembro de 1998.

O maxistrado-xuíz Pablo Martínez-Hombre Guillén, titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Xixón, viu os presentes autos seguidos polos trámites do xuízo executivo co número 686/1996, por instancia do Grupo Duro Felguera, S.A., representado pola procuradora Ana Romero Canellada e asistida polo letrado Secundino Felgueroso Fuente contra Salmón Atlántico de Galicia, S.A., declarada en rebeldía nas presentes actuacións e contra Servicio Urgente de Transportes Asturias, S.A., Seur Guipúzcoa, S.A. e Seur Mallorca S.A., representadas pola procuradora Gabriela García Urdina e asistidas pola letrada Isabel Vega Fernández, e en virtude da acumulación acordada dos autos nº 513/1997 do Xulgado de Primeira Instancia número un de Xixón, seguidos polos trámites do xuízo executivo entre as mesmas partes, sobre reclamación de cantidade.

Decido que: desestimando a oposición formulada fronte á demanda interposta contra esta por Grupo Duro Felguera S.A. contra Salmón Atlántico de Galicia, S.A., Servicio Urgente de Transportes Asturias S.A., Seur Guipúzcoa, S.A. e Seur Mallorca, S.A., declarando ben despachada a execución, debo mandar e mando seguir adiante esta sobre os bens embargados á dita demandada e co seu producto se dea certeiro e cumprido pagamento á parte actora das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de cento corenta e cinco millóns trescentas vinte mil pesetas por principal, seiscentas vinteunha mil setecentas sesenta e sete pesetas por gastos e ademais ó pagamento dos xuros correspondentes devengados desde a data de vencemento das letras ó tipo de xuro legal incrementado en dous puntos, debendo responder do total da débeda Salmón Atlántico de Galicia, S.A., e o resto das demandadas, cada unha delas dunha terceira parte dela

e as custas causadas e que se causen ó pagamento das cales debo condenar e condeno os ditos demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no termo dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando nesta instancia , pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Salmón Atlántico de Galicia, S.A., esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Xixón, o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

O/A secretario/a

Rubricado