Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa de terreos destinados a equipamento comunitario en Dorneda, termo municipal de Oleiros.

Examinado o expediente 115A-98/8 relativo ó proxecto de expropiación forzosa de terreos destinados a equipamento comunitario en Dorneda, promovido polo Concello de Oleiros para os efectos que determina o artigo 145.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo) e visto o informe-proposta do Servicio de Urbanismo e Arquitectura da Coruña, con data do 25 de novembro de 1998 e a Orde do 19 de agosto

de 1997, pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo nos delegados provinciais (DOG nº 166, do 29 de agosto de 1997).

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa de terreos destinados a equipamento comunitario en Dorneda, no termo municipal de Oleiros, polo procedemento de taxación conxunta previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo), facendo constar que a aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146 punto 1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos núms. 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146 punto 2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Segundo.-Notifica-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145 punto 8º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Terceiro.-Publica-la presente resolución e, como anexo, a relación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello.

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello, servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

Contra a citada resolución que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación desta resolución.

A Coruña, 26 de novembro de 1998.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Predio

Propietario

Superficie

m

Valoración

ptas.

1Fernando Sanjurjo Molezún e outros4.460,007.380.975,00

2Julio Pita158,82262.648,57

3Descoñecido167,00276.176,25

4Fernando Sanjurjo Molezún e outros175,20289.737,00

5Descoñecido135,00223.256,25

6Herdeiros de Dolores Ramos Sabio349,57578.101,38

7Jaime Seijo la Fuente e outra474,00783.877,50

8Herdeiros de José Raimúndez Fernández1.485,002.455.818,75

9Teresa López Martínez432,002.168.119,54

10Marina Lastres Piña780,001.289.925,00

11Nélida Fernández González234,00386.977,50

12Flora Piña Pita246,00485.572,50

13Diestros de La Iglesia326,00581.647,50

14Juan Vázquez Abeledo472,00780.570,00

15Herdeiros Dolores Ramos Sabio66,00109.147,50

16Manuel Ríos Longueira76,00125.685,00

17Herdeiros María Aradas García92,00152.145,00

18Herdeiros Esperanza Gómez Portela68,00112.455,00

19Herdeiros María Alonso256,00423.360,00

20Antonio Blanco48,3079.876,12

21Descoñecido122,00201.757,50

22Baldío145,00239.793,75

23Diestros de la Iglesia412,00714.945,00

24Diestros de la Iglesia325,00563.718,75