Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-1-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, o 29-12-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 1 de febreiro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. para o seu persoal adscrito ós servicios de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria do municipio de Nigrán

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

1. O presente convenio colectivo regulará as condicións de traballo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., no sucesivo FCC, co seu persoal adscrito ós servicios de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria do municipio de Nigrán, que FCC ten concertados co Concello de Nigrán.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

1. A duración do convenio será de tres anos e estenderase ata o 31 de decembro do 2000.

2. Non obstante, seguirase aplicando ata a sinatura do novo convenio que o substitúa, e neste momento haberá que aterse ó que determine a lexislación vixente en materia de negociación colectiva.

3. O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación íntegra no BOP. Non obstante, as retribucións salariais, recollidas no capítulo II, retrotraerán os seus efectos ó día 1 de xaneiro de 1998, para tódolos traballadores que se atopen de alta na empresa no momento da súa entrada en vigor.

Artigo 3º.-Denuncia.

1. O presente convenio considerarase automaticamente denunciado, unha vez terminada a vixencia prevista no artigo anterior, sen necesidade de ningún aviso previo.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

1. Respectaranse as condicións persoais que no conxunto anual excedan das condicións establecidas no presente convenio, manténdose ad personam.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

1. As retribucións establecidas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza ou a orixe delas.

2. Os aumentos de retribucións que puidesen producirse no futuro por disposicións legais, só serán aplicables cando, consideradas globalmente e en cómputo anual, superen as aquí pactadas. No caso contrario serán compensadas e absorbidas manténdose o presente convenio nos seus propios termos.

Artigo 6º.-Comisión mixta paritaria.

1. No prazo máximo de 10 días a partir da sinatura do convenio, constituirase unha comisión mixta de interpretación e vixilancia do convenio.

2. Estará formada por 1 representante da parte económica e 1 da parte social, que será o delegado de persoal. Ámbalas partes poderán contar con asesores.

3. Reuniranse por isntancias de parte, cantas veces sexa necesario, debendo celebra-la reunión na maior brevidade posible.

4. As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Estudio e valoración de novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor do presente convenio, que poidan afecta-lo seu contido.

d) Cantas outras actividades tendan á eficacia práctica do convenio e a unha maior solución interna dos conflictos.

5. As reunións da comisión mixta paritaria, cando sexan convocadas pola parte empresarial, o día correrá por conta da empresa, e cando sexan convocadas pola parte social será ó 50%. é dicir, o día investido nunha reunión será por conta da parte social e a próxima por conta da empresa.

Artigo 7º.-Interpretación e aplicación do convenio.

1. Ámbalas partes conveñen que calquera dúbida ou diverxencia que poida xurdir sobre a interpretación ou aplicación deste convenio, sexa sometida, antes de establecer reclamación ante os órganos competentes, a informe da comisión mixta paritaria.

2. A comisión mixta paritaria deberá emiti-lo seu informe nun prazo de cinco días hábiles, a partir do día seguinte a aquel no que fose solicitado.

3. As funcións e actividades da comisión mixta paritaria non obstruirán, en ningún caso, o libre acceso á xurisdicción administrativa e contenciosa previstas na lei.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 8º.-Sistema salarial.

1. Considérase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores, en diñeiro ou en especie, pola prestación laboral dos servicios laborais por conta allea, xa retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, ou os períodos de descanso computables como de traballo.

2. Non terán a consideración de salarios as cantidades percibidas polo traballador en concepto de indemnizacións ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, as prestacións e indemnizacións da Seguridade Social e as indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

3. As condicións económicas, pactadas no presente convenio, serán as que, para cada categoría se establecen na táboa salarial anexa, de acordo cos artigos seguintes.

4. O pagamento da nómina mensual efectuarase o último día hábil de cada mes. Cando coincida en festivo ou en sábado efectuarase o día anterior. A entrega da nómina será o día anterior ó pagamento.

5. O traballador, logo da notificación á empresa dun mes, poderá elixir calquera entidade bancaria para o ingreso da súa nómina, achegando, xunto coa solicitude, os datos relativos á súa conta bancaria.

Artigo 9º.-Estructura das percepcións económicas.

1. As percepcións económicas estructúranse baseándose nos seguintes conceptos:

1.1. Salario base.

1.2. Pluses salariais.

1.3. Gratificacións extraordinarias.

1.4. Retribución de vacacións.

1.5. Pluses extrasalariais.

Artigo 10º.-Salario base.

1. O salario base do persoal afecto a este convenio será o que para cada categoría se establece na táboa salarial anexa. O salario base devengarase por día natural.

Artigo 11º.-Antigüidade.

1. O complemento de antigüidade consistirá en tres bienios do 5% e posteriores quinquenios do 7% sobre o salario base de cada categoría.

2. A antigüidade aboarase a partir do mes seguinte a aquel no que se cumpra o período necesario para ter dereito a bienios ou quinquenios.

Artigo 12º.-Pluses salariais.

1. Consideraranse como tales os pluses por traballos tóxicos, penosos e perigosos, o plus de actividade, o plus de nocturnidade e o plus de productividade.

1.1. Plus tóxico, penoso e perigoso.

1.1.1. O persoal afecto a este convenio percibirá un complemento de posto de traballo denominado plus tóxico, penoso e perigoso cun importe que será o 20% do salario base de cada categoría.

1.1.2. Quedan exceptuados da percepción deste plus os postos de traballo desempeñados por empregados técnicos administrativos.

1.1.3. Este plus aboarase por día efectivamente traballado.

1.2. Plus de actividade.

1.2.1. Para as categorías e polos importes que figuran nas táboas anexas devengarase este plus por día efectivamente traballado.

1.2.2. Todo o persoal o percibirá cando efectúe o seu traballo cun rendemento correcto.

1.3. Plus de nocturnidade.

1.3.1. Os traballadores que realicen a súa xornada entre as 22 e as 6 horas percibirán un plus de nocturnidade, consistente no 25% do salario base de cada categoría.

1.3.2. Este plus aboarase por día efectivamente traballado en xornada nocturna.

1.4. Plus de productividade.

1.4.1. En compensación polo maior esforzo realizado para o normal desenvolvemento do servicio, os días seguintes a domingos e festivos nos que non se preste este, o persoal que nos ditos días si realice o dito servicio efectivo, percibirá un plus de productividade que, para cada actividade e categoría, será o que se especifica nas táboas salariais anexas.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

1. As gratificacións extraordinarias de verán e Nadal aboaranse, cada unha, a razón de 30 días de salario base máis antigüidade. A paga de beneficios será de 15 días de salario base máis antigüidade.

2. As pagas de verán e de Nadal devengaranse semestralmente. A de verán, do 1 de xaneiro ó 30 de xuño. A paga de decembro devengarase do 1 de xullo ó 31 de decembro. Aboaranse os días 20 dos meses de xullo e de decembro, respectivamente.

3. A paga extraordinaria de beneficios devengarase do 1 de xaneiro ó 31 de decembro, e aboarase o día 20 de marzo do ano seguinte ó do seu devengo.

4. As pagas extras devengaranse día a día, e non se devengarán nas ausencias inxustificadas. Nos casos de ILT haberá que aterse ó disposto no artigo 32º.

Artigo 14º.-Vacacións.

1. Todo o persoal adscrito ó presente convenio desfrutará de 30 días naturais de vacacións retribuídas, ou da parte proporcional que lle corresponda en función do tempo traballado.

2. As vacacións retribuiranse a razón de salario base, antigüidade, plus tóxico e plus de actividade.

3. As vacacións desfrutaranse nos meses de maio a setembro, ambos inclusive.

4. Confeccionarase un calendario anual de vacacións que garanta a rotatividade no seu desfrute.

Artigo 15º.-Pluses extrasalariais.

1.1. Plus compensatorio de distancia e transporte.

1. Para compensa-los gastos que sofren os traballadores para acudir ós seus postos de traballo, todo o persoal afectado por este convenio percibirá un plus extrasalarial, denominado plus compensatorio de distancia e transporte, que ten un importe que será o establecido na táboa salarial anexa. Este plus aboarase por día efectivamente traballado.

Capítulo III

Condicións de traballo

Artigo 16º.-Xornada de traballo.

1. Establécese unha xornada anual de 273 días de traballo efectivo, que corresponde a unha xornada diaria de 7 horas de traballo efectivo (incluídos 20 minutos para o bocadillo).

2. A distribución da xornada de traballo estará supeditada, en cada momento, ás necesidades do servicio e ós cambios que nel poidan producirse, en función do contrato entre FCC e o Concello de Nigrán.

3. Os excesos de horas semanais que se produzan como consecuencia do expresado no parágrafo anterior, compensaranse con días de descanso entre semana.

4. A xornada de traballo distribuirase de luns a sábado.

Artigo 17º.-Descanso semanal.

1. Como norma xeral, o persoal das quendas de mañá e tarde realizará o seu descanso semanal o domingo. O persoal que efectúe a súa xornada na quenda de noite descansará a noite do domingo ó luns.

2. Non obstante o especificado no punto anterior, e ó tratarse dun servicio público de inescusable realización, existe a obrigatoriedade de presta-lo servicio en domingos e festivos. Os traballadores que teñan que traballar nestes días desfrutarán o seu descanso semanal ou a correspondente festividade noutro día.

Artigo 18º.-Festivos traballados.

1. Os festivos traballados serán aboados na contía fixada nas táboas salariais anexas, para o ano correspondente.

2. Ademais, aboaranse os pluses correspondentes, concedendo a empresa un día de descanso compensatorio, que se retribuirá como domingo ou festivo.

Artigo 19º.-San Martín de Porres.

1. O día de San Martín de Porres, 3 de novembro, será considerado festivo.

Capítulo IV

Faltas e sancións

Artigo 20º.-Faltas e sancións.

1. Será de aplicación o catálogo de faltas e sancións regulado polo convenio xeral do sector, no seu título XII.

2. Tódalas sancións por faltas graves ou moi graves comunicaránselle simultaneamente ó traballador e ó delegado de persoal.

Capítulo V

Seguridade e hixiene

Artigo 21º.-Seguridade e hixiene.

1. Dada a importancia que recoñecen os asinantes á prevención de accidentes, inclúese este capítulo dedicado á hixiene e seguridade no traballo. E considerando de obrigada aplicación, ámbalas partes, a lexislación sobre seguridade e hixiene, para tal efecto organizarase un comité de seguridade e saúde, co obxecto de velar polo cumprimento das medidas legais e regulamentarias, así como para a posta en práctica do estipulado na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 22º.-Medidas de seguridade e hixiene.

1. A dirección da empresa adoptará as medidas de seguridade e hixiene pertinentes, como consecuencia do control do lugar de traballo e das instalacións e instrumentos que pon á disposición dos traballadores. As medidas de protección afectarán igualmente ós traballadores, obrigándoos a traballar con seguridade e a coidar que os locais e instru

mentos de traballo se atopen en perfectas condicións, debendo pór en coñecemento do comité de seguridade e saúde, ou, no seu defecto, do comité de empresa, tódalas anomalías que se detecten para que adopte as medidas oportunas.

Artigo 23º.-Comité de seguridade e saúde.

1. O comité de seguridade e saúde terá unha composición de carácter paritario. O representante da parte social será o delegado de persoal.

Artigo 24º.-Funcións do comité de seguridade e saúde.

1. As funcións do comité de seguridade e saúde serán as seguintes:

a) Promove-la observancia das disposicións vixentes para a prevención de riscos profesionais.

b) Fomenta-la colaboración de todo o persoal na práctica e observancia das medidas preventivas, estimula-lo ensino, divulgación, propaganda da seguridade e hixiene no traballo, fundamentalmente entre os representantes dos traballadores, tanto do comité de representantes como entre os propios membros do comité de seguridade e saúde.

2. A empresa facilitará os medios de propaganda necesarios, co fin de que todo o persoal estea ó día sobre as recomendacións, obrigas e prácticas en materia de seguridade e hixiene.

Artigo 25º.-Recoñecemento médico e vacinación.

1. Anualmente farase para tódolos traballadores un recoñecemento médico de carácter voluntario.

2. O recoñecemento médico consistirá como mínimo en:

-Audiometría.

-Control da vista.

-Análise de sangue.

-Análise de ouriños.

-Espirometría.

-Exploración clínica.

3. Os resultados do recoñecemento médico entregaránselle ó traballador.

4. A campaña de vacinación consistirá como mínimo no seguinte:

-Vacina contra o tétano.

-Vacina contra a hepatite B.

Capítulo VI

Melloras sociais

Artigo 26º.-Permisos e licencias.

1. O persoal afecto ó presente convenio terá dereito ós seguintes permisos e licencias:

2.A. Permisos: a empresa poderá concederlle ó persoal que o solicite e por causas xustificadas, ata 15 días de permiso ó ano, sen soldo, sempre que as necesidades do servicio o permitan. Os permisos

deberán ser solicitados coa antelación de 15 días, agás casos de urxente necesidade.

3.B. Licencias: o persoal terá dereito, sempre que se cumpran os requisitos esixidos pola lei, a desfrutar de licencias retribuídas na forma e condicións que a continuación se indican:

a) Por matrimonio: 15 días.

b) Matrimonio de fillos: 1 día se é na provincia e 2 se é fóra dela.

c) Parto de esposa: 2 días e 4 se é fóra da provincia.

d) Falecemento ou enfermidade grave de cónxuxe, pais ou fillos: 3 días.

e) Falecemento ou enfermidade grave de avós, irmáns ou netos: 2 días.

f) Para renovación do carné de conducir das clases C, D e E de todo o persoal que o requira para a realización do seu traballo na empresa, polo tempo que lle sexa necesario para efectuar recoñecemento psicotécnico ou exames.

g) A empresa, logo da petición dos traballadores que realicen estudios para a obtención dun título profesional e posterior xustificación, concederá as oportunas licencias para asistir a exames.

h) Por traslado do domicilio habitual: 1 día.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

2. Como norma xeral, as licencias comezaranse a contar na data en que se produza o feito que as motiva, e en todo caso, entenderase que os días de licencia son días naturais.

Artigo 27º.-Excedencias.

1. O traballador con, polo menos unha antigüidade na empresa dun ano, terá dereito a que se lle recoñeza unha excedencia voluntaria de un a cinco anos. A empresa reservaralle o posto de traballo ó traballador na dita situación, concertando para o efecto o contrato de interinidade ou substitución correspondente.

2. O dito contrato estará suxeito ás disposicións sobre a materia en vigor, no momento da substitución e ata que finalice esta.

3. O traballador avisará a empresa con dous meses de antelación á data prevista para a súa reincorporación ó posto de traballo.

4. Este dereito só poderá volver a ser exercido polo mesmo traballador unha vez transcorridos catro anos desde a finalización da anterior excedencia.

5. En todo o non previsto neste artigo haberá que aterse ó establecido con carácter xeral no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre a materia.

Artigo 28º.-Contratación.

1. Acórdase que a totalidade dos postos de traballo necesarios para desempeña-lo traballo diario, en número de vintedous operarios, sexan cubertos por

persoal con contrato de traballo indefinido, para a prestación dos traballos de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria do concello de Nigrán.

Artigo 29º.-Axuda familiar.

1. Os traballadores afectados por este convenio que teñan ó seu cargo unha persoa diminuída psíquica ou física, de acordo coas estipulacións requiridas pola Seguridade Social, e logo da xustificación, percibirán un complemento extrasalarial de 5.382 ptas.

Artigo 30º.-Póliza de accidentes.

1. A empresa subscribirá unha póliza de accidentes que garanta as seguintes indemnizacións:

a) No caso de falecemento por accidente laboral ou enfermidade profesional: 1.935.000 ptas.

b) No caso de invalidez absoluta ou gran invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional:1.935.000 ptas.

2. Para os efectos deste artigo, considerarase accidente de traballo e enfermidade profesional o sufrido con ocasión da prestación de servicios para esta empresa, incluíndo cando se produza in itinere.

3. O titular poderá designar, ante a entidade aseguradora e por escrito, os seus propios beneficiarios.

Artigo 31º.-Xubilación.

1. Establécese un premio de xubilación anticipada segundo o seguinte baremo e con independencia dos anos de servicio:

-Xubilación ós 60 anos: 5 mensualidades.

-Xubilación ós 61 anos: 4 mensualidades.

-Xubilación ós 62 anos: 3 mensualidades.

-Xubilación ós 63 anos: 2 mensualidades.

-Xubilación ós 64 anos: 1 mensualidade.

Artigo 32º.-Incapacidade laboral transitoria.

1. Nos supostos de ILT derivada de accidente laboral, a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100% do salario mensual desde o primeiro día de baixa e mentres dure esta.

2. De igual forma actuarase nos casos de hospitalización e mentres dure a hospitalización.

3. Igual criterio seguirase con respecto ó aboamento das pagas extraordinarias.

Artigo 33º.-Roupa de traballo.

1. Conductores: persoal fixo de obra.

Roupa de inverno:Roupa de verán:

2 pantalóns2 pantalóns

2 camisas2 camisas

1 par de calzado1 par de calzado

1 anorak1 cazadora

1 roupa de augas

1 cazadora

1 gorra

2. Peóns: persoal fixo de obra.

Roupa de inverno:Roupa de verán

2 pantalóns2 pantalóns

2 camisas2 camisas

1 par de calzado1 par de calzado

1 par de botas de auga1 cazadora

1 par de luvas1 anorak

1 roupa de augas1 gorra

1 cazadora

3. Mecánicos: persoal fixo de obra.

Roupa de inverno:Roupa de verán

2 camisas2 camisas

3 pantalóns3 pantalóns

3 cazadoras3 cazadoras

1 par de calzado1 par de calzado

1 anorak

1 gorra

1 roupa de auga

4. A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio.

5. A roupa de inverno entregarase do 1 ó 15 de outubro.

6. Cando, ó realiza-lo traballo, a roupa se rompa ou quede inservible, a empresa cambiaraa por outra nova, logo da entrega da peza deteriorada.

Artigo 34º.-Retirada do permiso de conducir.

1. No suposto de que a un traballador coa categoría de conductor, ó realiza-lo seu cometido cun vehículo da empresa e cumprindo coa función que lle fose encomendada, lle fose retirado provisionalmente o permiso de conducir, a empresa acoplarao a outro posto de traballo adecuado ás súas facultades e respectándolle a retribución de conductor, por un período máximo de dous anos. Ó termo da suspensión do permiso de conducir, será reintegrado á súa antiga categoría e posto de traballo. O resto das categorías que desempeñen os labores de conductor rexeranse por este artigo.

2. Estes beneficios non terán lugar cando a causa da retirada do permiso de conducir sexa debida a imprudencia temeraria, embriaguez ou drogadicción, ou cando exista reincidencia.

Artigo 35º.-Mobilidade.

1. Haberá que aterse ó disposto con carácter xeral no Estatuto dos traballadores, no seu capítulo III, sección primeira.

2. Os distritos serán rotativos obrigatoriamente para todo o persoal.

Artigo 36º.-Créditos persoais.

1. Crearase un fondo de 1.000.000 de ptas., e será regulado pola comisión mixta paritaria a forma de distribución e reintegro.

Artigo 37º.-Axudas de custo.

1. Compensaranse economicamente os deprazamentos por motivos laborais fóra do municipio, sempre que haxa que pasa-la noite no lugar de des

prazamento, ou cando sexa necesario comer ou cear no dito lugar.

2. Compensaranse da seguinte maneira:

Axuda de custo completa: 5.980 ptas./día.

Media axuda de custo: 2.990 ptas./día.

Capítulo VII

Dereitos sindicais

Artigo 38º.-Dereito de información.

1. En todo o referido ós dereitos sindicais haberá que aterse ó estipulado con carácter xeral no capítulo XIII do convenio colectivo do sector de limpeza pública, viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación de rede de sumidoiros (BOE nº 58, do 7-3-1996), así como ó establecido no artigo 64.1º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 39º.-Cota sindical.

1. A empresa descontará da nómina dos traballadores a cota sindical, logo da solicitude escrita de cada un deles.

Artigo 40º.-Información de absentismo.

1. A empresa facilitará trimestralmente información sobre absentismo, baixas por accidente, baixas por enfermidade e faltas inxustificadas.

Artigo 41º.-Altas e baixas na empresa.

1. Facilitaránselle ó delegado de persoal os modelos de contrato de traballo que se utilizan na empresa.

2. Ó traballador entregaráselle copia do seu contrato de traballo.

3. Cando existan altas de novos traballadores fixos ou eventuais, a empresa comprométese a comunicarllo ó delegado de persoal, indicando apelidos, nome e categoría do novo traballador, así como o tipo de contrato efectuado.

4. O traballador que desexe cesar na empresa deberá comunicarllo cunha antelación de 7 días. Este prazo será de 15 días para o persoal administrativo, e dun mes para o persoal titulado.

Artigo 42º.-Asembleas.

1. Os traballadores disporán dun crédito de 6 horas anuais para a celebración de asembleas dentro da xornada de traballo, logo da notificación á empresa.

Capítulo VIII

Subrogación do persoal

Artigo 43º.-Subrogación do persoal.

1. En todo o referido á subrogación do persoal haberá que aterse ó estipulado con carácter xeral no capítulo XI do convenio colectivo do sector de limpeza pública, viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación de rede de sumidoiro (BOE nº 58, do 7-3-1996), así como ó establecido no artigo 44.1º do Estatuto dos traballadores.

Capítulo IX

Incrementos salariais

Artigo 44º.-Incrementos salariais.

1. Para o ano 1998, aboaranse as cantidades expresadas na táboa salarial que se xunta como anexo I a este convenio.

2. Para o ano 1999, aboaranse as cantidades expresadas na táboa salarial que se xunta como anexo I, incrementadas no IPC correspondente ó ano 1998 máis 3,5 puntos.

3. Para o ano 2000, aboaranse as cantidades correspondentes ó ano 1999, incrementadas no IPC do ano 1999 máis 3 puntos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-En todo o non regulado no presente convenio aplicarase o disposto no convenio colectivo do sector de limpeza pública, viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación de rede de sumidoiros, publicado no BOE número 58, do 7 de marzo de 1996, así como o establecido no Estatuto dos traballadores e demais lexislación laboral vixente.

Segunda.-Este convenio constitúe un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, considerarase globalmente e en cómputo anual.

ANEXO I

Ano 1998

Categoría

S. base

Tóxico

Noct.

Activ.

Transp.

Product.

Pagas

Ver./Nadal

Benefic.

Encargado4.0478091.0121.134320681121.41060.705
Cond. día2.58751721732064977.61038.805
Cond. noite2.58751764721732064977.61038.805
Ofc. 1ª Mec.2.58751721732064977.61038.805
Peón día2.45549115432064973.65036.825
Peón noite2.45549161415432064973.65036.825

Prezo festivo3.337

-Persoal Adtivo. (retribución mensual)
Aux. Admón.73.6493.3758.07173.64936.824

ANEXO II

Ano 1999

Categoría

S. base

Tóxico

Noct.

Activ.

Transp.

Product.

Pagas

Ver./Nadal

Benefic.

Encargado4.2708541.0681.197338718128.10064.050
Cond. día2.72954622933868481.87040.935
Cond. noite2.72954668222933868481.87040.935
Ofc. 1ª Mec.2.72954622933868481.87040.935
Peón día2.59051816233868477.70038.850
Peón noite2.59051864816233868477.70038.850

Prezo festivo4.500

-Persoal Adtivo. (retribución mensual)
Aux. Admón.77.6993.5618.51577.69938.850

ANEXO III

Ano 2000

Categoría

S. base

Tóxico

Noct.

Activ.

Transp.

Product.

Pagas

Ver./Nadal

Benefic.

Encargado4.4848971.1211.256355754134.52067.260
Cond. día2.86557324135571985.95042.975
Cond. noite2.86557371624135571985.95042.975
Ofc. 1ª Mec.2.86557324135571985.95042.975
Peón día2.71954417035571981.57040.785
Peón noite2.71954468017035571981.57040.785

Prezo festivo5.600

-Persoal Adtivo. (retribución mensual)
Aux. Admón.81.5843.7398.94081.58440.792

ANEXO IV

Servicio de R.B.U. e L. viaria de Nigrán

Cadro horario para o ano 1998

1. Servicio de R.B.U.:

1. 16 de setembro a 15 de xuño. Luns a sábado:

Noite de 23 a 6 horas.

Mañá de 7 a 14 horas.

2. 16 de xuño a 15 de setembro. Diario:

Noite de 1 a 8 horas.

Mañá de 6 a 13 horas.

2. Servicio de L. viaria:

1. 16 de setembro a 15 de xuño. Luns a sábado:

Mañá de 7 a 14 horas.

2. 16 de xuño a 15 de setembro. Diario:

Mañá de 6 a 13 horas.

3. Servicio de talleres:

1. 16 de setembro a 15 de xuño. Luns a sábado:

Mañá de 7 a 14 horas.

2. 16 de xuño a 15 de setembro. Diario:

Mañá de 6 a 13 horas.

4. Servicio de oficinas:

1. 16 de setembro a 15 de xuño. Luns a sábado:

Mañá de 7 a 14 horas.

2. 16 de xuño a 15 de setembro. Luns a sábado:

Mañá de 6 a 13 horas.

5. Festivos locais:

Día 29 de xuño (luns).

Día 1 de agosto (sábado).

6. Festivos s/Art. 19 Conv.:

Día 3 de novembro.