Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.136

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se anuncia a publicación das relacións de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a elaboración do catálogo de expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional.

Para proceder á continuación do proceso selectivo regulado na orde da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 30 de outubro de 1998, pola que se regula a elaboración do catálogo de expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional para a impartición de accións formativas nos centros da titularidade da Administración autonómica, publi

cada no Diario Oficial de Galicia número 228 do 24 de novembro de 1998. Esta dirección xeral

RESOLVE:

Anunciar que os listados de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a elaboración do catálogo de expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional, estarán expostos nas delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, así como na Consellería da Presidencia e Administración Pública e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para emendaren o defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo de dez días desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para formularen a correspondente reclamación.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1999.

José Jaime López Cossío

Director xeral de Formación e Colocación