Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.137

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de febreiro de 1999 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola Orde do 22 de decembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 8, do 14 de xaneiro de 1999) en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola

Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes puntos:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1999.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Número de rexistro: 33.253.457.68 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Juanatey Mayán, Rafael Isaac.

Posto de traballo: xefe da Sección de Habilitación.

Nivel: 25.

Código posto: PR.P07.00.000.15770.023.

Centro directivo: Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Número de rexistro: 33.257.575.13 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Vicente Ordóñez, Mª Luisa.

Posto de traballo: secretario/a do secretario xeral.

Nivel: 18.

Código posto: PR.P07.00.000.15770.001.

Centro directivo: Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Localidade: Santiago de Compostela.