Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.138

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de febreiro de 1999 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería da Presidencia e Administración Pública, por Orde do 11 de decembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 251, do 30), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes puntos:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indican á funcionaria que se relaciona no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e con disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1999.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Número de rexistro: 33.280.450.02 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Labella Lozano, Mª Ascensión.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Relacións Laborais.

Nivel: 28.

Código posto: PR.C03.00.001.15770.023.

Centro directivo: Dirección Xeral da Función Pública.

Localidade: Santiago de Compostela.