Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.121

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de febreiro de 1999 pola que se modifica o concerto educativo co centro privado Divino Maestro de Ourense.

Por orde do 31 de xullo de 1998 (DOG do 19 de agosto) aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados, concedéndolle ó centro privado Divino Maestro de Ourense o concerto para 0/6 unidades de educación primaria, 0/2 unidades do 1º ciclo da ESO e 1 unidade de 3º da ESO.

Tendo en conta que dito centro tiña a consideración de centro público de réxime especial, pasando a ser centro privado concertado, e que, con posterioridade á publicación da antedita Orde do 31 de xullo de 1998, se produce tres vacantes ó trasladarse dous profesores estatais con destino definitivo e un con destino provisional.

Vistos a Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación (BOE do 4) e o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos (BOE do 27).

Considerando que, ó abeiro do establecido na disposición adicional quinta do devandito Real decreto 2377/1985, as prazas existentes, ocupadas por profesores estatais, amortizaranse no momento en que se produzan vacantes e, polo tanto, procede a súa substitución por profesores que o centro privado concertado Divino Maestro debe contratar aténdose ó establecido na Lei orgánica 8/1985.

Polo anteriormente exposto e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Eucativa, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Aproba-la modificación do concerto educativo co centro privado Divino Maestro de Ourense, quedando coa seguinte configuración: 0/6 unidades de educación primaria, 2/2 unidades do 1º ciclo da Eso e 1 unidade de 3º curso da ESO.

Segundo.-O documento administrativo no que se formalizará a dita modificación do concerto educativo será asinado polo titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e polo titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada.

Se o titular do centro privado non subscribise o documento de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaído no seu dereito.

Terceiro.-A modificación que, por esta orde se aproba terá efectos desde o inicio do curso académico 1998-99.

Cuarto.- De acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a presente resolución esgota a vía administrativa polo que, contra ela, poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante os órganos competentes para entenderen dos recursos contencioso-administrativos, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria