Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 25 de febreiro de 1999 Páx. 2.121

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de febreiro de 1999 pola que se modifica o concerto educativo cos centros privados La Grande Obra de Atocha da Coruña, La Paz da Coruña, Santiago Apóstol de Narón (A Coruña), San José de Pontedeume (A Coruña) e San Fermín de Caldas de Reis (Pontevedra).

Por Orde do 31 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 19 de agosto e 27 de outubro de corrección de erros) aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta a comunicación dos centros privados concertados La Grande Obra de Atocha da Coruña, La Paz da Coruña, Santiago Apóstol de Narón, San José de Pontedeume e San Fermín de Caldas de Reis de que non teñen en funcionamento diversos ciclos formativos de grao medio por falta de alumnado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Aproba-la diminución, para o curso 1998-99, do concerto educativo dos ciclos formativos de grao medio cos centros que se relacionan:

-La Grande Obra de Atocha da Coruña. 1 de xestión administrativa.

-La Paz da Coruña. 1 de coidados auxiliares de enfermería.

-Santiago Apóstol de Narón. 1 de xestión administrativa e 1 de equipos e instalacións electrotécnicas.

-San José de Pontedeume. 1 de xestión administrativa.

-San Fermín de Caldas de Reis. 1 de xestión administrativa.

Segundo.-O documento administrativo no que se formalizará a dita modificación do concerto educativo, cos referidos centros, será asinado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e polo titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada.

Se o titular do centro privado non subscribise o documento de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaído no seu dereito.

Terceiro.-As modificacións que, por esta orde, se aproban terán efectos do 1 de setembro de 1998.

Cuarto.-De acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a presente resolución esgota a vía administrativa polo que, contra ela, poderá interporse

recurso contencioso-administrativo perante os órganos competentes para entenderen dos recursos contencioso-administrativos, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria