Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.923

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

AUTO (143/1998-01).

En Santiago de Compostela, dezasete de novembro de mil novecentos noventa e oito.

I. Feitos.

Primeiro.-As presentes actuacións teñen a súa orixe en atestado da policía autonómica desta cidade.

Segundo.-Transcorreu o prazo de seis meses entre o auto no que se declara falta as presentes actuacións 7-3-1998 e o sinalamento do xuízo 12 de agosto de 1998, sen que se verificase ningunha actuación.

II. Razonamentos xurídicos.

Primeiro.-O artigo 130 número 5 do Código penal establece que a responsabilidade penal se extingue por prescrición do delicto, entendéndose analoxicamente aplicable o dito precepto ás faltas.

O artigo 131 número 2 do referido corpo legal establece que as faltas prescriben ós seis meses.

Segundo.-Sobre a prescrición, a sentencia do Tribunal Supremo do 5 de xaneiro de 1988 determina que debe ser estimada, incluso de oficio, cando se dean os dous presupostos básicos necesarios, isto é, paralización do procedemento e lapso de tempo correspondente. En sentido parecido, sentencias da sala segunda do Tribunal Supremo, do 14 de decembro de 1988 e 31 de outubro de 1990. A xurisprudencia aproxima e case identifica a prescrición penal coa caducidade. Así sentencias (Tribunal Supremo) do 1 de febreiro de 1968, 31 de maio de 1976, 22 de febreiro de 1985, 27 de xuño de 1987, 3 de decembro de 1990 e 19 de decembro de 1991.

O Tribunal Constitucional (sentencias 1521/1987, do 7 de outubro, 225/1988, do 21 de decembro e 83/1989, do 10 de maio) deixa ó arbitrio do tribunal a consideración de se a dilación indebida paraliza o procedemento en circunstancias que xustifiquen a prescrición.

A sentencia da sala segunda do Tribunal Supremo do 19 de decembro de 1991 (relator Delgado García) di que a prescrición existe cando transcorreu o tempo que a lei sinala sen procedemento contra o culpable, ben porque a causa penal non chega a iniciarse, ben porque remata sen resolución con eficacia de cousa xulgada, ben porque o procedemento queda paralizado, calquera que sexa a fase en que tal interrupción se producise, pois sobre isto a lei non distingue, sendo de apreciación mesmo en casos de rebeldía e cando se dictase sentencia en fase anterior, mentres aquela non gañe firmeza.

Posterior xurisprudencia (Tribunal Supremo, sala segunda, sentencias do 18 de xuño e 31 de marzo de 1992, 10 de xullo de 1993 e 8 de febreiro de 1995) mesmo manifesta que o cómputo da prescrición non se interrompe pola realización de dilixencias incocuas ou que non afectan ó procedemento.

Terceiro.-A falta de acción durante o tempo previsto pola lei e xa referido (6 meses) supón a prescrición de responsabilidade penal, polo que procede sobreser libremente as actuacións, de conformidade co previsto no artigo 637 número 3 da Lei de axuizamento criminal.

Parte dispositiva.

Decrétase o sobresemento libre de actuacións. Arquívense estas logo de rexistro e á súa firmeza, con reserva de accións civís.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe recurso de reforma ante este xulgado, que debe interpoñerse no prazo de tres días.

Así o acorda, manda e asina José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un.

Dilixencia. Cúmprese a seguir. Dou fe.

Rubricado