Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a explotación do servicio da cafetería do Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo-A Coruña).

A delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 1/99.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: explotación do servicio de cafetería.

b) Lugar de execución: Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo-A Coruña).

c) Prazo de execución: desde o 1 de abril ata o 31 de decembro de 1999, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 100.000 ptas.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña-15006.

d) Teléfono: 981 18 57 00.

e) Telefax: 981 18 57 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposición, tódolos días laborais, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares; prego de prescricións técnicas e melloras na lista de prezos.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego,Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 9.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 9 de febreiro de 1999.

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña