Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 19 de febreiro de 1999 Páx. 1.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-70/98 e catro máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, presentar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndoos de que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 14 de xaneiro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Precepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

P-70/98Eladio Novoa Martínez

Re. E. Novoa Marmol, 286, Lanus Oeste

Buenos Aires (Argentina)

Pescar con sedais dormentes sendo observado desde escasos metros montando os anzois cebados nun cordel que logo ataba ó tronco dunha árbore observando despois como introducía os anzois na auga, sendo 12 anzois os que pendían de cada cordel; portando ademais nunha bolsa varias madeixas de cordel e noutra 8 paquetes contendo cada un 12 anzois. Feitos denunciados ás 16.50 horas do día 27 de marzo de 1998 no río Tea, concello de Ponteareas.Art. 35.5º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de GaliciaArt. 35.5º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia500.001 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día

Expediente

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Precepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

P-149/98Damián Magariños Veloso

Avda. de América, 26-1º

A Estrada

Pescar con máis canas das permitidas (2) en ríos salmoneiros. Feitos acontecidos ás 11.35 horas do día 10 de maio de 1998, no río Ulla, ó seu paso por Arnois, do concello da Estrada.Art. 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de GaliciaArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia4.000 ptas.

P-150/98Manuel Magariños Veloso

Avda. de América, 26-1º

A Estrada

Pescar en masas de auga salmoneiras, especies distintas do salmón, utilizando cebo natural non autorizado (miñoca). Feitos acontecidos ás 11.25 horas do día 10 de maio de 1998, no río Ulla, ó seu paso por Arnois, do concello da Estrada.Art. 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de GaliciaArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia20.000 ptas.

P-192/98José María Lino Antelo Gómez

Vista Alegre, 86-B

Santiago de Compostela

Pescar con cebo non autorizado no río salmoneiro (miñoca). Cando foi sorprendido tiña a canda na man e ó cebo dentro da auga. Feitos denunciados ás 13 horas do día 23 de xullo de 1998, no río Ulla, no lugar de Imo, do concello de Dodro.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de GaliciaArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia15.000 ptas.

P-198/98Antonio Maro Mallón

O Castiñeiriño-Xenxo do Monte

Santiago de Compostela

Pescar nun tramo vedado estando ben sinalizado. No intre de ser localizado encontrábase coa cana na man e o cebo dentro da auga. Feitos acontecidos ás 18.43 horas do día 9 de agosto de 1998, no río Ulla, no vedado de Ponte Vea, do concello da Estrada.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de GaliciaArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia20.000 ptas.