Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.706

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Talleres Caeiro, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Talleres Caeiro, S.A., que tivo

entrada nesta delegación provincial o día 5-1-1999, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social polo comité de empresa o día 28-5-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito

de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de xaneiro de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Revisión salarial do convenio colectivo da empresa Talleres Caeiro, S.A.

Acta

En Santiago de Compostela, ás dezanove horas e quince minutos do día vinteoito de maio de mil novecentos noventa e oito, reúnense os señores que abaixo se relacionan, representantes dos traballadores e parte económica da empresa Talleres Caeiro, S.A.

Ámbalas partes recoñécense mutuamente a capacidade necesaria para negociar.

Iniciada a sesión, fíxose unha lectura detida do texto do convenio en vigor e adoptáronse por unanimidade os seguintes acordos:

1. Prorrogar en todas e cada unha das súas partes o convenio en vigor ata o 31 de decembro de 1998.

2. Substituí-la táboa salarial pola que se xunta como anexo a esta acta.

3. A aplicación da dita táboa salarial entrará en vigor con data do un de maio de mil novecentos noventa e oito.

4. Remitir esta acta e anexo á Delegación de Traballo para a súa publicación no BOP.

E, ó non haber máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás vinteunha horas do día arriba sinalado.

Representación laboral:

33.143.143 Vicente Puente Vigo.

33.243.985 Víctor J. Parente Mariño.

33.229.341 José A. Núñez Boquete.

Representación económica:

33.024.095 Manuel Caeiro Varela.

Táboa salarial do convenio colectivo da empresa Talleres Caeiro, S.A.

Efectos económicos do 1º de maio de 1998.

Salario baseCómputo anual

Titulado superior156.8962.261.884
Titulado medio151.3762.184.604
Xefe de vendas147.3112.127.694
Xefe de pos-venda147.3112.127.694
Xefe de almacén147.3112.127.694
Xefe administrativo de 1ª147.3112.127.694
Xefe de taller126.4901.836.200
Xefe de recepción126.4901.836.200
Xefe administrativo de 2ª126.4901.836.200
Mestre de taller119.3731.736.562
Técnico de organización

(encargado)

119.3731.736.562
Contable119.3731.736.562
Contramestre117.7241.713.476
Mestre de 2ª117.7241.713.476
Dependente de 1ª114.2921.665.428
Vendedor de 1ª114.2921.665.428
Administrativo de 1ª114.2921.665.428
Dependente de 2ª112.7791.644.246
Vendedor de 2ª112.7791.644.246
Oficial obreiro de 1ª112.7791.644.246
Recepcionista112.7791.644.246
Probador112.7791.644.246
Chofer de camión112.7791.644.246
Administrativo de 2ª108.8341.589.016
Chofer de turismo108.8341.589.016
Vendedor de 3ª108.8341.589.016
Oficial obreiro de 2ª108.8341.589.016
Administrativo de 3ª103.8841.519.716
Dependente de 3ª103.8841.519.716
Oficial obreiro de 3ª103.8841.519.716
Axudante de planning99.8231.462.862
Axudante de dependente de 1ª99.8231.462.862
Mozo especializado99.8231.462.862
Auxiliar administrativo99.8231.462.862
Telefonista99.8231.462.862
Axudante de dependente de 2ª98.2971.441.498
Mozo e peón98.2971.441.498
Lavador e engraxador98.2971.441.498
Limpadora98.2971.441.498

Plus de transporte
Salario mínimo interprofesional
Trab. en prácticas e maiores

de 18 anos

Traballadores de 17 anos
Plus de transporte5.940
Antigüedade por quinquenio2.700