Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.707

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1999 pola que se designa a data, a hora e o lugar para a celebración do sorteo público ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo, cómpre

realizar, previa á convocatoria dos procesos de selección e con validez para todos eles, o sorteo público no que se determinará a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 1999, debendo recollerse o resultado do dito sorteo en cada convocatoria.

En consecuencia, resólvese celebra-lo mencionado sorteo en acto público o día 23 de febreiro ás 10.30 horas no salón sito na última planta do edificio da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1999.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública