Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.708

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 11 de febreiro de 1999, do tribunal número un dos designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), polo que se convocan os opositores para o comezo da lectura do segundo exercicio.

En sesión celebrada o día 10 de febreiro do ano en curso, o tribunal número un dos designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), convocadas por Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG do 20 de xaneiro de 1998), acordou realiza-lo chamamento dos opositores que, a seguir se relacionan, par que comparezan o próximo día 22 de febreiro ás 17 horas, na Escola Galega de Adminstración Pública (polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela), co obxecto de dar comezo á lectura do segundo exercicio do xa mencionado proceso selectivo:

Macho Gómez, Juan Carlos.

Paz Labandeira, José Benito.

Repiso Prieto, Mª del Carmen.

Romero Novoa, Mercedes.

Vázquez Lago, Mª Begoña.

De conformidade coas bases II.3.3 y II.3.4 da aludida orde da convocatoria, o chamamento será único e serán excluídos do proceso selectivo os que non comparezan.

Así mesmo, as sucesivas convocatorias para proceder á lectura do segundo exercicio por parte dos restantes opositores publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 1999.

Jaime Bouzada Romero

Presidente do tribunal número un