Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.705

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do calendario laboral para o ano 1999 do convenio colectivo do sector da construcción da provincia da Coruña.

Visto o expediente do calendario laboral para o ano 1999 do convenio colectivo da construcción da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-12-1998, subscrito en representación da parte económica por APECCO, e, da parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 17-12-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2112/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de decembro de 1998.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio do sector da construcción da provincia da Coruña

Acta nº1

Asistentes:

Antón Arias Díaz-Eimil.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

Por UGT:

Jesús Calvo Romero.

Ramón Calvo Romero.

Celestino Pérez Vázquez.

Manuel Martínez Arnoso.

Por CC.OO.:

José Luis Paz Pena.

Por CIG:

Vicente Moreira Sobrido.

Domingo Besada Saavedra.

Na cidade da Coruña o 17 de decembro de 1998, ás 17 horas, reúnense nos locais de APECCO os señores que arriba se relacionan, para dar cumprimento ós trámites de constitución de mesa para negocia-lo convenio colectivo provincial da Coruña, de construcción e obras públicas para 1999, e recoñecemento de lexitimidade e, en canto á representatividade, acreditarase debidamente na seguinte reunión.

E, en representación de cada unha das centrais, asistirán as seguintes persoas:

Por CIG:

Vicente Moreira Sobrido.

Domingo Besada Saavedra.

Por UGT:

Jesús Calvo Romero.

Ramón Calvo Romero.

Celestino Pérez Vázquez.

Manuel Martínez Arnoso.

Por CC.OO.:

Santiago Huertas Pozurama.

José Luis Paz Pena.

E, en representación da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de A Coruña (APECCO):

Benigno López Bueno.

Antón Arias Díaz-Eimil.

Silviano Pizarro Gómez.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

Nos expresados termos queda constituída a mesa negociadora do convenio colectivo provincial da Coruña de construcción e obras públicas.

Aberta a sesión, e despois dunha ampla deliberación con relación ó calendario laboral que rexerá para o ano 1999, acórdase aprobar por unanimidade o que se xunta á presente acta, como anexo I e que entra en vigor na data da súa sinatura.

En consecuencia, páctanse como festivos para o ano 1999 os seguintes:

16 de febreiro.

18 de marzo.

8 e 11 de outubro.

2 de novembro.

7, 24 e 31 de decembro.

Cando un festivo local (FL) coincida con algún festivo de convenio (FC-8), este pasarase ó anterior día laboral.

O persoal que cese durante o período de prórroga do convenio terá dereito a percibir como atrasos o 1,8% do IPC previsto polo Goberno.

Así mesmo, facúltase a Miguel García Eiroa, secretario, para a presentación do calendario sinalado ante a delegación provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para efectos

da súa homologación e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

En proba de conformidade asínase a presente acta no lugar e data máis arriba indicados.

Convenio de construcción provincia da Coruña

Horas de traballo correspondentes ó ano 1999

ANEXO I

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembroDías

1FN88FNFN88Domingo88FN81

2Sábado88FNDomingo8888SábadoFC-882

3Domingo88Sábado88Sábado88Domingo883

4888Domingo88Domingo8Sábado88Sábado4

588888Sábado88Domingo88Domingo5

6FNSábadoSábado88Domingo8888SábadoFN6

78DomingoDomingo8888Sábado8FLDomingoFC-87

88888Sábado88Domingo8FC-88FN8

9Sábado888Domingo8888Sábado889

10Domingo88Sábado88Sábado88Domingo8810

11888Domingo88Domingo8SábadoFC-88Sábado11

1288888Sábado88DomingoFN8Domingo12

138SábadoSábado88Domingo8888Sábado813

148DomingoDomingo8888Sábado88Domingo814

158888Sábado88Domingo888815

16SábadoFC-888Domingo8888Sábado8816

17Domingo88SábadoFN8Sábado88Domingo8817

1888FC-8Domingo88Domingo8Sábado88Sábado18

1988FN88Sábado88Domingo88Domingo19

208SábadoSábado88Domingo8888Sábado820

218DomingoDomingo8888Sábado88Domingo821

228888Sábado88Domingo888822

23Sábado888Domingo8888Sábado8823

24Domingo88Sábado88Sábado88Domingo8FC-824

25888Domingo88Domingo8Sábado88FN25

2688888Sábado88Domingo88Domingo26

278SábadoSábado88Domingo8888Sábado827

288DomingoDomingo8888Sábado88Domingo828

29888Sábado88Domingo888829

30Sábado88Domingo8888Sábado8830

31Domingo88Sábado8DomingoFC-831

Horas152152168160160176176176176136160144

Días191921202022222222172018

Días do ano365Total horas traballo1.992

Sábados -5030 días naturais vacacións -168

Domingos -52 1.824

Festivos nacionais -12

Festivos locais -2

Horas de traballo anual249

Adaptación convenio -8Adaptación convenio -64

241Total horas efectivas traballo 1.760

NOTA:

1. A festa local do 7 de outubro refírese ó concello da Coruña. Para o resto dos concellos, será a que se determine no calendario de festas publicado no BOP do 22-10-1998.

2. Os días sinalados como FC-8 teñen tratamento de festivo para o ano 1999, para dar cumprimento ó artigo 70 do convenio xeral do sector da construcción, publicado no BOE do 4-6-1998, e non perderán polo tanto, o seu carácter labroal para futuros convenios.

3. Cando un festivo local (FL) coincida con algún festivo convenio (FC-8), este pasarase ó día anterior laboral.

4. Este calendario será de aplicación naquelas empresas que non teñan establecido o seu calendario laboral de acordo co artigo 70.4º do convenio xeral do sector da construcción.