Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 1999 Páx. 1.703

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 27/1999, do 5 de febreiro, polo que se declara a delimitación do contorno de protección do mosteiro de Nosa Señora de Valdeflores, sito no barrio de Xunqueira, no concello de Viveiro, provincia de Lugo.

O BOE do 3 de maio de 1980 publicaba o Real decreto do 7 de marzo, polo que se declaraba monu

mento histórico artístico o mosteiro de Nosa Señora de Valdeflores, sita no barrio de Xunqueira, no concello de Viveiro, provincia de Lugo.

Sendo esa declaración anterior á entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, é preciso na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno.

Con data do 18 de xuño de 1997 publicouse a Resolución do 4 de xuño da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do contorno do expresado mosteiro de Nosa Señora de Valdeflores.

A tramitación do expediente levouse a cabo de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 8 de novembro), e demais desposicións concordantes.

Por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia do día cinco de febreiro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declara-la delimitación do contorno de protección do mosteiro de Nosa Señora de Valdeflores, sito no barrio de Xunqueira, no concello de Viveiro, provincia de Lugo (artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro), do patrimonio cultural de Galicia.

Segundo.-A zona da delimitación é a comprendida no anexo I e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó concello e os interesados,

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO I

A delimitación do contorno do mosteiro de Nosa Señora de Valdeflores de Viveiro axústase estrictamente ó ámbito do Plan Especial de Proteción e Reforma Interior do contorno do mosteiro de Valdeflores (plano 1/3 escala 1:1000), aprobado pola comisión provincial de urbanismo na súa xuntanza do 21 de marzo de 1995.