Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.525

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros da madeira da provincia da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-11-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Rematantes y Serradores de Madera, e, da parte social por UGT, CC.OO., CIG o día 3-11-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Tercerio.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de decembro de 1998.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais

Convenio colectivo provincial de industrias de rematantes e serradoiros de madeira da provincia da Coruña

1 de outubro de 1998-31 de decembro do 2002

Artigo 1º.-Partes sinatarias.

Son partes asinantes do presente convenio, en representación empresarial: a Asociación Provincial de Empresarios de Rematantes e Serradoiros de Madeira da Coruña; en representación dos traballadores as centrais sindicais: Unión Xeral de Traballadores (UGT), Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Confederación Intersindical Galega (CIG).

Ámbalas partes recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

a) Territorial. O presente convenio será de aplicación en toda a provincia da Coruña.

b) Funcional. Están afectadas polo presente convenio as empresas que se adiquen ás actividades de rematantes e serradores e outras semellantes que non estean incluídas noutros convenios.

c) Persoal. O presente convenio será de aplicación a tódolos traballadores e traballadoras e empresas incluídas no ámbito territorial e funcional.

Artigo 3º.-Ámbito temporal e denuncia.

A vixencia do presente convenio iniciarase a partir do primeiro de outubro de 1998, estendéndose durante catro períodos, deica o 31 de decembro do 2002. Os catro períodos dos que consta son:

1. Desde o 1 de outubro de 1998 ata o 31 de decembro de 1999.

2. Desde o 1 de xaneiro do 2000 ata o 31 de decembro do 2000.

3. Desde o 1 de xaneiro do 2001 ata o 31 de decembro do 2001.

4. Desde o 1 de xaneiro do 2002 ata o 31 de decembro do 2002.

Entenderase prorrogado por períodos anuais, se ningunha das partes o denunciase con dous meses de antelación ó seu vencemento.

Unha vez producida a denuncia, manterase a vixencia do seu contido normativo, na súa totalidade, deica a sinatura dun novo convenio.

Artigo 4º.-Garantía ad personam.

Respectarase a tódolos traballadores e traballadoras as situacións persoais actualmente consolidadas no seu conxunto, en canto determinen maiores dereitos dos concibidos neste convenio.

Tódolos conceptos salariais teñen carácter normativo e condición mínima indispensable, polo que tal garantía non pode ser afectada por pacto ou renuncia de calquera tipo, cos demais efectos, e durante o período establecido no artigo 3º.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria composta por 6 membros, designados 3 por cada unha das partes asinantes do presente convenio, empresarial e sindical, na forma que decidan as respectivas organizacións e coas funcións que se especifican no artigo seguinte.

Os acordos da comisión paritaria adoptaranse en todo caso por maioría das partes e, naqueles que interpreten este convenio terán a mesma eficacia que a norma que fose interpretada.

A comisión paritaria reunirase unha vez ó ano. Poderase convoca-las reunións extraordinarias que

se estimen necesarias, que serán solicitadas alomenos por unha das partes asinantes do presente convenio.

Sinálase como domicilio da comisión paritaria o da Asociación Provincial de Industrias de Rematantes e Serradoiros de Madeira da provincia da Coruña.

Artigo 6º.-Funcións e procedemento da comisión paritaria.

1. A comisión paritaria á que se refire o artigo anterior terá as seguintes funcións:

a) Vixencia e seguimento do cumprimento deste convenio.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

c) Á instancia dalgunha das partes mediar e/ou conciliar, se é o caso, e logo de acordo das partes e a solicitude delas, arbitrar en cantas cuestións e conflictos, todos eles de carácter colectivo, poidan suscitarse na aplicación do presente convenio.

d) Cantas outras funcións tendan á maior eficacia práctica do presente convenio, ou se deriven do estipulado no seu texto e anexos que formen parte del.

e) As establecidas no artigo 49º deste convenio.

2. Como trámite, que será previo e preceptivo, a toda actuación administrativa ou xurisdicional que se promova, as partes asinantes do presente convenio obríganse a poñer en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral, puidesen aparecer en relación á interpretación e aplicación do mesmo, sempre que sexan da súa competencia conforme o establecido no apartado 1, co fin de que, mediante a súa intervención, se resolva o problema formulado ou, se iso non fose posible, emita un dictame ó respecto. O dito trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o pravo previsto no número 5 sen que se emitise resolución ou dictame.

3. Establécese que cuestións propias da competencia da comisión paritaria e que se promovan ante ela adoptarán a forma escrita, e o seu contido será o suficiente para que se poida examinar e analiza-lo problema co necesario coñecemento da causa, debendo ter como contido obrigatorio:

a) Exposición sucinta e concreta do asunto.

b) Razóns e fundamentos que entenda que asisten ó propoñente.

c) Proposta e peticióin concreta que se lle formule á comisión.

Ó escrito-proposta acompañaránselle cantos documentos se consideren necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

4. A comisión poderá solicitar, por vía de ampliación, canta información ou documentación se estime pertinente para unha mellor ou máis completa información do asunto; para ese efecto concederáselle ó propoñente un prazo de cinco días hábiles.

5. A comisión, unha vez recibido o escrito-proposta e, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a 20 días hábiles para resolver a cuestión formulada ou, se iso non fose posible, emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido o dito prazo sen terse producido resolución nin dictame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdiccional competente.

6. Cando sexa preciso evacuar consultas, o prazo poderá ser aprazado no tempo que a comisión determine.

Artigo 7º.-Contratación.

O contrato de traballo poderase celebrar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral en cada momento, formalizándose por escrito nos supostos que o recolla a lexislación e conforme a ela, entregando copia deste contrato ó interesado ou interesada.

Realizaranse por escrito as prórrogas que se formalicen, así como o aviso previo de remate do contrato.

O contrato de traballo deberá formalizarse antes do comezo da prestación de servicios. Farase constar no contrato de traballo que deba establecerse por escrito, as condicións que se pacten, o grupo profesional ou categoría no que queda encadrado o traballador ou traballadora, e o contido mínimo do contrato, así como os demais requisitos formais legalmente establecidos.

A empresa, previamente ó seu ingreso, poderá realizar ós interesados ou interesadas as probas de selección, prácticas e psicotécnicas, que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son as axustadas á categoría profesional e posto de traballo que vaia desenvolver.

O empresario entregaralles, nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato, ós representantes legais dos traballadores, unha copia básica de tódolos contratos que se realicen.

As empresas quedan obrigadas a publicar, no seu taboleiro de anuncios, o modelo de TC-2 corresponde ó último mes no que se fixese efectiva a liquidación.

Artigo 8º.-Período de proba.

Poderase concertar, por escrito, un período de proba, que en ningún caso poderá exceder de:

a) Técnicos e titulados superiores: 6 meses.

b) Técnicos de grao medio ou sen titulación e persoal administrativo cualificado: 2 meses.

c) Oficiais de oficio e auxiliares administrativos: 1 mes.

d) Resto de persoal: 15 días.

Durante o período de proba o traballador ou traballadora terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose de plantel, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá

producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de previo aviso e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización ningunha, debéndose comunica-lo desistimento por escrito á empresa, podendo ser de palabra a comunicación por parte do traballador ou traballadora.

Transcorrido o período de proba sen que se producise o desestimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose para os efectos salariais o tempo dos servicios prestados.

Artigo 9º.-Contrato fixo de cadro de persoal.

Entenderase como contrato fixo de cadro de persoal o que se concerte entre a empresa e o traballador ou traballadora, para a prestación laboral durante tempo indefinido.

Artigo 10º.-Contrato para obra ou servicio determinado.

É o contrato celebrado ó amparo do artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinado, e do cal a execución, anque limitada no tempo, é en principio de duración incerta.

A duración do contrato axustarase ós seguintes supostos:

a) Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra ou servicio determinado, con independencia da súa duración. Rematará cando finalicen os traballos, de oficio e categoría, do traballador ou traballadora na dita obra.

b) Non obstante o punto anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal contratado para unha obra ou servicio determinado poderá seguir prestando servicios a unha mesma empresa durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perde-la dita condición e percibindo os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos, se é o caso, tanto realice os novos servicios no mesmo centro de traballo, ou en distintos centros dunha mesma provincia.

Os traballadores e traballadoras que formalicen un contrato para unha obra ou servicio determinado, terán dereito unah vez rematado por expiración do tempo convido ou de calquera das súas prórrogas, a percibir unha indemnización consistente nunha porcentaxe sobre os conceptos salariais percibidos durante a vixencia do contrato, de acordo coa seguinte escala:

a) Contrato de ata 12 meses de duración: 15 días.

b) Contrato de ata 24 meses de duración: 24 días.

c) Contrato de máis de 24 meses de duración: 30 días.

As citadas indemnizacións entrarán en vigor naqueles contratos que se realicen unha vez publicado no BOP ou no Diario Oficial de Galicia o presente convenio.

Artigo 11º.-Contrato eventual por circunstancias da producción.

É o contrato celebrado ó amparo do artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, segundo redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que se concerta cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas, ou exceso de pedidos así o esixiran, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

Este tipo de contrato estará suxeito ás seguintes consideracións:

a) No contrato consideraranse con precisión e claridade a causa ou circunstancia que o xustifique.

b) A duración máxima deste contrato será de 13 meses dentro dun período de 18 meses. No caso de que se concerte por un prazo inferior a 13 meses poderá ser prorrogado, por unha soa vez, con acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

c) Os traballadores ou traballadoras que formalicen un contrato eventual por circunstancias da producción, terán dereito, unha vez rematado por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización. A dita indemnización consistirá nunha porcentaxe sobre os conceptos salariais percibidos durante a vixencia do contrato ou de calquera das súas prórrogas, de acordo coa seguinte escala:

Contrato de ata 6 meses de duración: 2 días de salario por mes.

Contrato de ata 9 meses de duración: 2 días de salario por mes.

Contrato de máis de 9 meses de duración: 2 días de salario por mes.

As citadas indemnizacións entrarán en vigor naqueles contratos que se realicen unha vez publicado no BOP ou no Diario Oficial de Galicia o presente convenio.

Artigo 12º.-Contrato para a formación.

O contrato para a formación é o celebrado ó amparo do artigo 11.2º do Estatuto dos traballadores, segundo redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que ten por obxecto a adquisición de formación teórica e práctica, para o desenvolvemento axeitado dun oficio ou posto de traballo cualificado no sector.

Poderase celebrar con traballadores ou traballadoras maiores de 16 anos e menores de 21 que carezan da titulación requirida para realizar un contrato en prácticas.

En ningún caso, a duración mínima poderá ser inferior a seis meses, nin a máxima superior a dous anos. As partes poderán acordar dúas prórrogas, non podendo se-la duración de cada unha delas inferior a 6 meses, nin supera-la duración máxima do contrato.

A retribución do traballador ou traballadora cun contrato para a formación será:

a) Durante o primeiro ano de contrato, o salario mínimo interprofesional (SMI) vixente en cada momento.

b) Durante o segundo ano de contrato, o SMI vixente incrementado nun 10%.

Nos dous casos, as retribucións enténdense referidas a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

O número de contratos para a formación que poden realiza-las empresas non poderá supera-los sinalados na seguinte escala:

Empresa de ata 5 traballadores/as: 1 contrato para a formación.

Empresa de 6 a 10 traballadores/as: 2 contratos para a formación.

Empresa de 11 a 15 traballadores/as: 3 contratos para a formación.

Empresa de 16 a 25 traballadores/as: 4 contratos para a formación.

Empresa de 26 a 40 traballadores/as: 5 contratos para a formación.

Empresa de 41 a 50 traballadores/as: 6 contratos para a formación.

Empresa de 51 a 100 traballadores/as: 8 contratos para a formación.

Empresa de 101 a 250 traballadores/as: 10 contratos para a formación.

A formación teórica atenderá ás seguintes consideracións:

a) O tempo adicado a ela deberase alternar co traballo efectivo e será dun 15% da xornada máxima do convenio.

b) Deberá ser impartida en centros de formación públicos ou privados perfectamente acreditados e homologados.

c) Cando non sexa posible a formación presencial, por esta-lo centro de formación e máis dunha hora de viaxe ou máis de 50 km, poderase impartir mediante a modalidade de ensino a distancia.

d) Será financiada con cargo ó acordo tripartito de formación continua.

e) No caso de que algunha empresa incumpra as súas obrigas en materia de formación teórica, deberá aboar ó traballador o cen por cento do salario.

Artigo 13º.-Contratación de substitución por anticipación da idade de xubilación.

Por acordo entre empresa e o traballador ou traballadora, este poderá xubilarse á idade de 64 anos, e a empresa terá a obriga de contratar un traballador ou traballadora que o substitúa co obxecto de que o primeiro se poida acoller ós beneficios establecidos no R.D. 1194/1985, do 17 de xullo, ou norma que puidera substituíla.

As partes asinantes pactan no presente convenio que, de calquera modo, a idade máxima para traballar será de 65 anos, sen prexuízo de que se poidan completa-los períodos de carencia para a xubilación.

Artigo 14º.-Cesamentos.

O fin de contrato deberá ser comunicado por escrito ó traballador ou traballadora cunha antelación mínima de quince días naturais. Nembargantes, poderase substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio.

Toda comunicación de aviso previo de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de liquidación.

O traballador ou traballadora poderá ser asistido por un represntante dos traballadores no acto de sinatura do recibo de liquidación. No caso de que a empresa non conte con representación dos traballadores, o traballador ou traballadora poderá ser asistido/a por un representante dun dos sindicatos asinantes do convenio.

O cesamento voluntario por parte do traballador ou traballadora deberá ser comunicado á empresa cunha antelación mínima de quince días naturais. O incumprimento desta obriga poderase sancionar, pola empresa, descontando un día de salario por cada día de falta de aviso previo.

Artigo 15º.-Promoción profesional.

O ascenso dos traballadores e traballadoras a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou especial confianza, serán de libre designación e revogación pola empresa.

Artigo 16º.-Empresas de traballo temporal (ETT).

As empresas afectadas por este convenio cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal, garantirán que os traballadores postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles corresponden ós seus traballadores en aplicación do presente convenio. Esta obriga constará expresamente no contrato de posta á disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria que estea vinculada polo presente convenio.

Artigo 17º.-Xornada de traballo.

A xornada será:

-Do 1 de outubro de 1998 ata o 31 de decembro de 1998: as horas que xurdan do calendario.

-Do 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 1999: 1.794 horas/ano.

-Do 1 de xaneiro do 2000 ata o 31 de decembro do 2000: 1.780 horas/ano.

-Do 1 de xaneiro do 2001 ata o 31 de decembro do 2001: 1.780 horas/ano.

-Do 1 de xaneiro do 2002 ata o 31 de decembro do 2002: 1.780 horas/ano.

A xornada ordinaria semanal será de 40 horas, distribuídas de luns a venres.

No suposto de xornada continuada, establecerase un período de descanso de quince minutos que terá a consideración de traballo efectivo.

Respectando o número de horas anuais de traballo, pactadas neste convenio, así como os períodos mínimos de descanso diario e semanal dispostos pola normativa vixente, cada empresa poderá realizar unha distribución irregular da xornada en períodos de catro meses.

En cada período cuadrimestral a distribución semanal poderá supera-las 40 horas, sempre que se respecte o límite de 9 horas diarias. O exceso de horas traballadas compensarase con tempo de descanso nos períodos de menor traballo.

A empresa publicará cunha antelación de quince días antes do comezo de calquera período de cómputo irregular de xornada, que como mínimo terá unha duración dun mes, o calendario e o horario correspondente ó dito período.

Se por disposición legal ou convencional de superior rango, se producise unha minoración de carácter obrigatorio en materia de xornada, o dito nivel sería de aplicación dentro da vixencia do convenio.

Artigo 18º.-Días festivos.

1. Para efectos de distribución e axeitación da xornada anual considérase, para a vixencia do presente convenio, como días non laborables os que figuran no anexo III.

2. Se algún concello da provincia sinalase como festivo local un día non laborable, ou coincidise con algún dos días anteriormente referidos, establécese como festivo na súa substitución, o día laborable inmediatamente seguinte.

3. Os días de descanso retribuído, establecidos no número 1, poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores/as, ou os seus representantes legais, para axustalos ás necesidades das partes.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

Ámbalas partes conveñen en reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias.

Os criterios a seguir serán os seguintes:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión.

b) Horas extraordinarias necesarias para reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes e risco de perdas de materia prima: realización.

c) Horas necesarias por: contratos ou períodos punta de producción; ausencias imprevistas; cambios de quendas e outras circunstancias de carácter técnico propias da actividade: mantemento, sempre que non caiba a utilización das distintas modalidades

de contratación de persoal, consideraranse como horas extraordinarias estructurais.

A dirección da empresa informará periodicamente ós representantes dos traballadores sobre as horas extraordinarias realizadas.

O incremento respecto do valor da hora ordinaria será o do seguinte cadro:

-Do 1 de outubro de 1998 ata o 31 de decembro de 1998: 35%.

-Do 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 1999: 45%.

-Do 1 de xaneiro do 2000 ata o 31 de decembro do 2000: 55%.

-Do 1 de xaneiro do 2001 ata o 31 de decembro do 2001: 65%.

-Do 1 de xaneiro do 2002 ata o 31 de decembro do 2002: 75%.

Artigo 20º.-Vacacións.

Os traballadores ou traballadoras das empresas que cesen na súa actividade durante o período, ou períodos de vacacións, desfrutarán de 30 días naturais. Os traballadores ou traballadoras da empresa que non pechen durante o citado período desfrutarán de vintedous días laborais.

O desfrute iniciarase en calquera caso en día laborable, e como xeral e salvo pacto en contrario, o desfrute das vacacións terá carácter ininterrompido.

As empresas elaborarán un calendario de vacacións deberá expoñerse no taboleiro de anuncios ou comunicar ós traballadores con dous meses de antelación ó comezo das mesmas. No caso de desacordo na confección do calendario, a empresa poderá fixar 15 días e os 15 días restantes o traballador ou traballadora cun tope máximo do 20% do cadro de persoal.

O dereito de vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cause cesamento durante o transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa, aínda que as vacacións correspondan ó ano natural anterior.

Para efecto de devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal (IT), sexa cal fose a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencemento deste o traballador, ou traballadora, continuase de baixa.

Se no momento no que a un traballador, ou traballadora, lle corresponde por estar así establecido, o inicio do período vacacional e se atopase de IT por calquera motivo, poderá apraza-lo seu desfrute.

Así mesmo, se un traballador ou traballadora se encontra desfrutando das súas vacacións e pasa a situación de incapacidade temporal, estas interromperanse e continuarán cando pase a situación de alta.

Os traballadores e traballadoras percibirán durante este período as mesmas cantidades de salario, antigüidade e plus de asistencia que lles correspondían de estar traballando.

Artigo 21º.-Licencias.

O traballador ou traballadora, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Por matrimonio: quince días naturais.

b) Nacemento ou adopción dun fillo: tres días naturais.

c) Enfermidade grave de cónxuxe ou fillo: tres días naturais.

d) Enfermidade grave ou morte de pais, sogros, netos, irmáns e avós: tres días.

e) Enfermidade grave ou morte de noras, xenros, cuñados e avós políticos: dous días naturais.

f) Morte do cónxuxe ou fillos: catro días naturais.

g) Cambio de domicilio habitual: un día laborable.

h) O tempo indispensable, ou sinalado nunha norma legal, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

i) Por lactación dun fillo, ata nove meses despois do parto, terán dereito a unha hora de ausencia ó traballo que se poderá dividir en dúas fraccións de media hora. Cando os dous pais trabllen na mesma empresa, soamente un deles poderá exercer tal dereito.

j) Por consulta ó médico especialista: polo tempo necesario, cun máximo de catro horas diarias.

k) Por consulta ó médico de cabeceira: ata un máximo de catro saídas anuais, sen que as ausencias poidan supera-las 16 horas.

Nos casos de morte ou enfermidade grave, os permisos poderanse ampliar un día máis, se o traballador ou traballadora tivera que realizar un desprazamento superior a 100 kms.

Artigo 22º.-Excedencia.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa.

Voluntaria: o traballador ou traballadora con, alomenos, unha antigüidade dun ano na empresa, terá dereito a que se lle recoñezca a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria, por un prazo non menor de dous anos nin superior a cinco. O traballador ou a traballadora soamente poderá exercer de novo este dereito se transcorresen catro anos desde o final da anterior excedencia.

Forzosa: o traballador ou traballadora poderá situarse en situación de excedencia forzosa nos seguintes casos:

a) Cando fose elixido para un cargo público que imposibilite a súa asistencia o traballo.

b) Cando exerza un cargo ou función sindical de ámbito comarcal ou superior nun sindicato maioritario. Neste caso a solicitude irá acompañada dunha certificación da central sindical á que pertenza, na que conste o cargo ou función sindical para que foi elixido ou nomeado.

Na excedencia voluntaria conservarase un dereito preferente ó ingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa, que houbese ou se produzan na empresa. Na excedencia forzosa o ingreso será solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou sindical, perdéndose este dereito se se fai transcorrido esta prazo.

No caso de excedencia voluntaria o reingreso será solicitado un mes antes do remate do prazo que lle foi concedido. De incumprirse este prazo dará lugar á perda de tódolos dereitos.

As contestacións ás solicitudes serán feitas pola empresa, no prazo de quince días, entendéndose concedidas de non mediar resposta no prazo sinalado.

Artigo 23º.-Traballos penosos, tóxicos ou perigosos.

O persoal que realice traballos penosos, tóxicos ou perigosos recibirá por parte da empresa os medios de protección axeitados que eliminen o seu carácter de penosidade, toxicidade ou perigosidade.

Ós traballadores ou traballadoras que realicen estes traballos, e mentres non se eliminan as ditas condicións, a empresa deberá aboarlles un incremento do 20% sobre o seu salario base. Se estas funcións se efectuaran durante a metade da xornada ou en menos tempo, o incremento será do 10% aplicado ó tempo realmente traballado. De tódolos xeitos sempre se observará o establecido na Lei de prevención de riscos laborais.

A empresa facilitará a aqueles traballadores ou traballadoras que especificamente o necesiten pola súa actividade: botas de protección, luvas, lentes, cascos, etc.

A periodicidade no recambio de cada unha das pezas de roupa de seguridade será, en cada caso, de acordo co tempo lóxico de duración ou ben polo seu estado de deterioración.

No caso de discrepancia entre as partes sobre qué determinado traballo, laboura ou actividade debe cualificarse como excepcionalmente penoso, tóxico ou perigoso, corresponde á comisión paritaria do presente convenio resolve-lo que proceda, logo de informe técnico elaborado polo Gabinete Técnico Provincial de Saúde Laboral da Xunta de Galicia.

Artigo 24º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 22 horas e as 6 horas, terán a consideración de traballo nocturno e serán retribuídas nun complemento denominado «de nocturnidade», e do cal a cuantía fíxase nun incremento do 20% do salario base.

O complemento de nocturnidade aboarase integramente cando a xornada de traballo e o período nocturno teña unha coincidencia superior a catro horas, se a coincidencia fora de catro horas ou inferior a este tempo a retribución a aboar será proporcional ó número de horas traballadas durante o período nocturno.

Exceptúanse dos supostos anteriores, e polo tanto, non haberá lugar a compensación económica ningunha, nos supostos seguintes:

a) As contratacións realizadas para traballos que pola súa propia natureza se consideran nocturnos tales coma: gardas, porteiros, serenos ou similares, que fosen contratados para desenvolve-las súas funcións durante o período de 22 a 6 horas.

b) O persoal que traballe en dúas quendas cando a coincidencia entre a xornada de traballo e o período nocturno sexa igual ou inferior a unha hora.

Artigo 25º.-Salario base.

Enténdese por salario base a parte de retribución do traballador fixada por unidade de tempo sen atender a circunstancias persoais, de posto de traballo, por cantidade ou calidade de traballo, ou de vencemento periódico superior ó mes.

O salario base correspondente a cada categoría é o que figura no anexo I.

Artigo 26º.-Plus de asistencia.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá dereito a un plus por día traballado na contía que se establece no anexo I para cada categoría.

Artigo 27º.-Plus de transporte.

As empresas pagaranlle ós seus traballadores ou traballadoras un plus de transporte, por cada día traballado, na contía que figura no anexo I para cada categoría.

Artigo 28º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga extra de verán e paga extra de Nadal que se devengarán por semestres naturais. Serán aboadas antes do 30 de xullo a de verán e antes do 20 de decembro a de Nadal.

A contía de cada unha das pagas extraordinarias consistirá nunha mensualidade de salario base e antigüidade consolidada.

Así mesmo establécese unha paga chamada «paga do 1º de maio» que se devengará por anualidades, e na contía de 27.500 ptas.

Artigo 29º.-Complemento de antigüidade.

Os traballadores e traballadoras manterán e consolidarán as cantidades, que polo concepto de antigüidade desfrutaban con data 1 de outubro de 1998. Ó importe anterior engadiráselle a parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada á data antes referida, calculándose por defecto ou por exceso por anos completos, é dicir, computarase ano completo cando a fracción deste sexa igual ou superior a 0,5.

As cantidades de antigüidade consolidadas serán as que figuran no anexo II. Estas cantidades tan só serán de aplicación a aqueles traballadores ou traballadoras que na data indicada tivesen, polo menos, cinco anos de antigüidade na empresa.

Os importes da táboa manteranse invariables e por tempo indefinido como complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa. O dito complemento retributivo reflectirase nos recibos de salario coa denominación de «antigüidade consolidada».

Para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade nos termos anteditos aplicarase, durante os anos 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003, e con efectos desde o 1 de xaneiro de cada un destes anos, un incremento lineal de 16.0000 pesetas por ano, para tódolos niveis profesionais das táboas de salarios. O citado incremento lineal adicionarase ó salario base do convenio, para cada unha das categorías, unha vez que se lle aplique a cada salario o incremento pactado para cada un dos anos respectivos.

Artigo 30º.-Pagamento do salario.

A liquidación e o pagamento do salario farase documentalmente mediante recibos de salarios que se axustarán ás normas vixentes sobre a materia, nos que figurarán tódolos datos de identificación, segundo OM 27-12-1994, e os conceptos devengados polo traballador debidamente especificados.

O salario aboarase por períodos vencidos e mensualmente, dentro dos catro primeiros días hábiles do mes seguinte do seu devengo. As empresas quedan facultadas para paga-las retribucións e anticipos mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidades bancarias ou financeiras, logo de comunicación ós representantes legais dos traballadores.

O pagamento, ou a sinatura de recibos que o acredite, efectuarase dentro da xornada laboral.

O traballador, e coa súa autorización o seu representante, terá dereito a percibir, sen que chegue o día sinalado para o pagamento e por unha soa vez ó mes, anticipo a conta do traballo xa realizado.

O importe do anticipo poderá ser de ata o 90% das cantidades devengadas. No momento do pagamento do salario, ou se é o caso do anticipo a conta, o traballador ou traballadora asinará o recibo correspondente e entregaráselle copia del.

Artigo 31º.-Condicións salariais.

Os incrementos salariais para a vixencia do convenio serán os seguintes:

-Do 1 de outubro de 1998 ó 31 de decembro de 1998: 0,75 puntos.

-Do 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 1999: IPC previsto máis 0,75 puntos.

-Do 1 de xaneiro do 2000 ó 31 de decembro do 2000: IPC previsto máis 0,75 puntos.

-Do 1 de xaneiro do 2001 ó 31 de decembro do 2001: IPC previsto máis 0,75 puntos.

-Do 1 de xaneiro do 2002 ó 31 de decembro do 2002: IPC previsto máis 0,75 puntos.

Artigo 32º.-Revisión salarial.

A 31 de decembro de 1998 non hai revisión; o resto dos anos garantirase unha revisión salarial na que a diferencia entre o IPC real correspondente á anualidade e o incremento salarial producido ó principio da anualidade equivalla a un 0,75%.

Artigo 33º.-Axudas de custo e desprazamentos.

Tódolos traballadores ou traballadoras que por necesidades da empresa e por orde da mesma teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impidan realizar comidas ou pernoctacións no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás seguintes axudas de custo diarias:

Axudas de custo completa con pernocta: 5.000 ptas.

Axudas de custo completa: 3.000 ptas.

Media axuda de custo: 1.500 ptas.

Se por circunstancias excepcionais os gastos orixinados superan os importes establecidos para o efecto, o exceso deberá ser pagado pola empresa, logo de coñecemento e posterior xustificación por parte do traballador.

Se a empresa se fixese cargo de tódolos gastos, non aboará cantidade ningunha por estes conceptos.

Artigo 34º.-Xubilación.

Os traballadores ou traballadoras afectados por este convenio terán que xubilarse ós 65 anos de idade, agás aqueles que non teñan cuberto o período de carencias que dá dereito á prestación correspondente á xubilación da Seguridade Social, podendo neste caso permanecer na empresa ata completa-lo dito dereito.

Para os traballadores ou traballadoras que se xubilen anticipadamente establécense os seguintes premios:

a) Xubilación ós 60 anos: 100 días de salario base e antigüidade consolidada.

b) Xubilación ós 61 anos: 85 días de salario base e antigüidade consolidada.

c) Xubilación ós 62 anos: 70 días de salario base e antigüidade consolidada.

d) Xubilación ós 63 anos: 50 días de salario base e antigüidade consolidada.

e) Xubilación ós 64 anos: 40 días de salario base e antigüidade consolidada.

Para ter dereito a estes premios deberán levar, alomenos, dez anos na empresa.

En caso de xubilación forzosa ós 65 anos, percibirán o salario correspondente a unha mensualidade, con inclusión de antigüidade, plus de asistencia e plus de transporte.

Estes premios serano sen prexuízo da liquidación que lles corresponda no momento da resolución do contrato de traballo.

Artigo 35º.-Seguro de invalidez ou morte por accidente.

As empresas contratarán un seguro colectivo de invalidez permanente, total ou morte por accidente, durante as 24 horas do día para todo o persoal afectado por este convenio coas seguintes indemnizacións:

a) Por morte: 4.000.000 de pesetas.

b) Por invalidez permanente, total absoluta, segundo baremo da póliza, cun máximo de 5.000.000 de pesetas.

Estas cantidades entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 1999.

As empresas que contraten a póliza cunha compañía de seguros non serán, en ningún caso, responsables subsidiarias do pagamento das indemnizacións aquí pactadas.

Artigo 36º.-Incapacidade temporal.

No caso de incapacidade temporal transitoria derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional legalmente recoñecida, a empresa satisfará ó traballador ou traballadora a diferencia entre a prestación da mutualidade laboral correspondente e o 100% do salario.

As ausencias por motivos independentes da vontade do traballador ou traballadora, como enfermidade, accidente ou maternidade, serán contadas como parte do período de servicio, non incidindo nas pagas extraordinarias nin no período de vacacións.

Artigo 37º.-Pezas de roupa de traballo.

Os traballadores e traballadoras percibirán anualmente dúas pezas de roupa de traballo, unha en xaneiro e outra en xullo. En caso de necesidade entregaranse as que foran precisas.

Artigo 38º.-Comités de empresa e delegados de persoal.

Os comités de empresa e delegados de persoal terán dereito a recibir información, emitir informes e exerce-la laboura de vixilancia sobre materias

expresamente previstas polas normas legais vixentes. Así mesmo, gozarán de garantías en materias disciplinarias, de non discriminación, exercicio de liberdade de expresión e disposición de créditos horarios para o desenvolvemento da súa actividade sindical.

Artigo 39º.-Eleccións sindicais. Candidatos.

Os traballadores que teñan 18 anos cumpridos e unha antigüidade mínima de 4 meses na empresa, e sempre que superaran o período de proba, serán elixibles nas eleccións sindicais a representantes dos traballadores.

Artigo 40º.-Crédito horario.

Os delegados de persoal disporán dun crédito horario mensual de 16 horas para o desenvolvemento da súa laboura sindical. O crédito horario para os membros de comités de empresa será o que establece o Estatuto dos traballadores.

Artigo 41º.-Negociación colectiva.

As horas adicadas ás reunións oficiais de negociación do convenio polos representantes dos traballadores serán retribuídas, e non se computarán como crédito horario que se establece no artigo 39º do presente convenio.

Este artigo non será de aplicación para aquelas empresas que teñan máis dun representante legal dos traballadores participando na negociación do convenio.

Artigo 42º.-Dereitos sindicais.

As empresas considerarán os sindicatos debidamente implantados no plantel como elementos básicos e consustanciais para afrontar, a través deles, as necesarias relacións entre traballadores e empresarios.

As empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores e traballadoras a sindicarse libremente. Non poderán condiciona-lo emprego dun traballador á obriga de non afiliarse ou renunciar á súa afiliación sindical. Non poderán despedir a un traballador nin prexudicalo, de calquera outra maneira, a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

As empresas permitirán ós traballadores afiliados a un sindicato e ós propios sindicatos, celebrar reunións, logo de comunicación, recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo e sen que se perturbe a súa actividade normal.

As empresas con máis de 50 traballadores facilitarán ó comité de empresa un local perfectamente acondicionado, dentro da empresa, e onde poida realiza-las súas actividades sindicais.

Nos centros de traballo con máis de 75 traballadores, a empresa recoñeceralles ás centrais sindicais, un delegado sindical, segundo o previsto no artigo 10 da Lei orgánica de liberdade sindical.

As empresas porán á disposición da representación sindical un taboleiro de anuncios nun lugar visible

e de acceso a tódolos traballadores e traballadoras, onde se poida difundir aquela información que lles poida interesar ós afiliados ó sindicato, e ós traballadores en xeral.

Os sindicatos, a través dos seus liberados ou representantes legais, poderán acceder ó interior das empresas ou centros de traballo, co permiso do empresario ou encargado, e pórse en contacto cos seus afiliados, delegados de persoal ou membros do comité de empresa, para os efectos de subministrarlles información, sempre e cando o exercicio de tal práctica non interrompa o desenvolvemento do proceso productivo.

Artigo 43º.-Garantías dos delegados de persoal e comités de empresa.

Os membros de comités de empresa, delegados de persoal ou delegados sindicais, desfrutarán das seguintes garantías:

1. Non poderán ser despedidos ou sancionados durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte do seu cesamento, salvo que este se produzca por revogación ou dimisión, sempre que o despedimento ou a sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación.

2. Terán prioridade de permanencia na empresa, no suposto de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

3. Se o despedimento ou calquera outra sanción, por suposta falta grave ou moi grave, obedecera a outras causas deberá tramitarse expediente contradictorio, no que será escoitado á parte do interesado, o comité de empresa ou delegados de persoal.

4. Non poderán ser discriminados, na súa promoción económica ou profesional, por causa ou razón do desempeño da súa representación.

5. Os delegados de persoal e membros de comités de empresa poderán acumular nun dos membros o crédito de horas sindicais, que deberán comunicar á empresa mediante escrito asinado para o efecto cunha antelación mínima de 15 días.

Artigo 44º.-Competencias dos comités de empresa e delegados de persoal.

Os membros de comités de empresa, delegados de persoal ou delegados sindicais terán as seguintes competencias:

1. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, daqueles documentos que se dean a coñecer ós socios e nas mesmas condicións.

2. Emitir informe, con carácter previo, á execución por parte do empresario das condicións adoptadas por este sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuración do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquel.

b) Reducción da xornada, así como o traslado total ou parcial das instalacións.

c) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control do traballo.

d) Estudio de tempos, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración dos postos de traballo.

e) Cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte ó volume do emprego.

3. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

4. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e incremento da productividade, de acordo co pactado no presente convenio.

Artigo 45º.-Revisión médica.

A empresa estará obrigada a realizar recoñecementos médicos periódicos a tódolos traballadores e traballadoras ó seu servicio, alomenos unha vez ó ano.

Así mesmo, efectuaráselle revisión médica ó traballador que se incorpore á empresa, dentro dos 30 días seguintes ó seu ingreso, salvo que xa a teña realizado no último natural.

Os traballadores e traballadoras disporán de media xornada retribuída para realiza-la revisión. No caso de que sexa necesario máis tempo, terán que presentar xustificante, séndolle igualmente retribuído o exceso. Os gastos de desprazamento serán a cargo da empresa, agás que o recoñecemento se faga nos locais da empresa.

Artigo 46º.-Risco grave e inminente.

O empresario estará obrigado a informar o antes posible a tódolos traballadores e traballadoras afectados, acerca da existencia dun risco grave e inminente, e das medidas que se deben adoptar en materia de protección.

O traballador ou traballadora terá dereito a interrompe-la súa actividade e abandona-lo lugar de traballo, en caso necesario, cando considere que a dita actividade entraña un risco grave e inminente para a súa vida.

Cando o empresario non adopte as medidas necesarias, os representantes legais dos traballadores poderán acordar a paralización da actividade.

Tal acordo será comunicado de inmediato á empresa e á autoridade laboral, a cal nun prazo de vintecatro horas anulará ou ratificará a paralización acordada.

Os traballadores ou traballadoras e os seus representantes non poderán sufrir ningún prexuízo derivado da adopción das medidas a que se refiren os apartados anteriores, alomenos que obrasen de mala fe ou cometesen neglixencia grave.

Artigo 47º.-Delegados de prevención.

1. Os delegados de prevención son os representantes dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo e serán designados por e entre os representantes do persoal, de acordo coa seguinte escala:

1. De 50 a 100 traballadores ou traballadoras: 2 delegados de prevención.

2. De 101 a 500 traballadores ou traballadoras: 3 delegados de prevención.

3. Ata 30 traballadores, o delegado de prevención será o delegado de persoal.

4. De 31 e 49 traballadores e traballadoras, haberá un delegado de prevención, que será elixido por e entre os delegados de persoal.

2. As competencias dos delegados de prevención serán:

a) Colaborar coa dirección da empresa na mellora da acción preventiva.

b) Promover e fomenta-la cooperación dos traballadores na execución da normativa de prevención de riscos laborais.

c) Exerce-la laboura de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de riscos laborais.

d) As que se estipulen na Lei de prevención de riscos laborais.

3. As facultades dos delegados de prevención serán:

a) Acompañar os técnicos na avaliación de carácter técnico preventivo, así como os inspectores de traballo nas visitas que realicen ós centros de traballo podendo formular diante deles as observacións que estimen oportunas.

b) Ser informado polo empresario sobre os danos producidos na saúde dos traballadores, unha vez que se tivese coñecemento deles.

c) Recibir do empresario as informacións obtidas por este, procedentes das persoas ou órganos encargados das actividades de protección e prevención na empresa.

d) Realizar visitas ós lugares de traballo para exercer unha laboura de vixilancia e control do estado das condicións de traballo, de maneira que non se altere o normal desenvolvemento do proceso productivo.

e) As que se estipulen na Lei de prevención de riscos laborais.

4. Os delegados de prevención terán as seguintes garantías:

a) Na súa condición de representante dos traballadores seranlle de aplicación as garantías recollidas no artigo 68 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores.

O tempo utilizado polos delegados de prevención nas súas actividades será considerado como no exercicio das súas funcións de representación para efectos do crédito de horas mensuais retribuídas.

Non se computarán como tales as correspondentes ás reunións do comité de seguridade e saúde, reunións co empresario en materia de prevención, ou as destinadas ás visitas previstas nas letras a) e d) do número 3º deste artigo.

b) O empresario deberá proporcionar ós delegados de prevención os medios e formación necesarias en materia preventiva.

O tempo adicado á formación será considerado como tempo de traballo, para tódolos efectos.

c) Manterán o segredo profesional debido, respecto das informacións ás que tivese acceso pola súa actuación na empresa.

d) As que se estipulen na Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 48º.-Comité de seguridade e saúde.

1. O comité de seguridade e saúde é o órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos.

2. Constituirase un comité de seguridade e saúde en tódalas empresas ou centros de traballo que conten con 50 ou máis traballadores. Estará formado polos delegados de prevención, dunha parte e, polo empresario e/ou os seus representantes en igual número, da outra.

Reuniranse trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións do mesmo. Adoptarán as súas propias normas de funcionamento.

3. Competencias:

a) Participar na elaboración, posta en práctica e avaliación dos plans e programas de prevención de riscos na empresa.

b) Promover iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos.

4. Facultades:

a) Coñecer directamente a situación relativa á prevención dos riscos no centro de traballo, realizando para tal efecto as visitas que estime oportunas.

b) Coñecer cantos documentos e informes relativos ás condicións de traballo sexan necesarios.

c) Coñecer e analiza-los danos producidos na saúde ou na integridade física dos traballadores.

d) Coñecer e informa-la memoria e programación anual dos servicios de prevención.

Artigo 49º.-Competencia da comisión paritaria en materia de seguridade e saúde laboral.

1. Serán funcións desta comisión as seguintes:

a) Solicitar do Ministerio de Traballo e do Goberno autónomo o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e saúde, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento de plans e medidas formativas.

b) Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistralidade no sector.

c) Promover cantas medidas considere tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendo como obxectivo fundamental o estende-la preocupación pola seguridade a tódolos niveis, fomentando campañas de mentalización, etc.

d) Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desenvolve-las súas funcións coa eficacia axeitada.

e) Promove-la creación dun órgano específico, nos termos e conforme as modalidades que acorden, con competencias xerais respecto do conxunto dos centros de traballo incluídos no ámbito de aplicación do convenio, para fomenta-lo mellor cumprimento dos mesmos da normativa sobre prevención de riscos laborais, segundo o artigo 35 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais.

f) Cantas outras funcións acorde a propia comisión atribuírse, dirixidas ós seus fins.

2. A comisión reunirase unha vez ó ano. Poderanse convoca-las reunións extraordinarias que se estimen necesarias e serán solicitadas pola metade máis un dos seus membros.

Artigo 50º.-Formación continua.

Observarase o establecido nos artigos 61, 62, 63, 64, 65, 66, 67, 68 e 69 do convenio estatal da madeira, así como os acordos que sobre a materia adopte a comisión paritaria estatal de formación.

Artigo 51º.-Productividade e absentismo.

Os salarios pactados neste convenio remuneran os niveis normais de productividade.

Os plans de melloras da productividade poderanse negociar dentro das respecivas empresas, segundo os seguintes criterios:

a) Información previa dos mesmos traballadores con intervención das centrais sindicais asinantes do convenio.

b) Que tales plans non supoñan discriminación duns traballadores sobre doutros.

c) Establecemento de períodos de proba e adaptación nos que se lles garanta ós traballadores as percepcións habituais.

d) As condicións de traballo respectarán o establecido nas leis e convenios colectivos, se ben se procederá á reclasificación de categorías para axustalas á situación da empresa.

Artigo 52º.-Empresas en perdas.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para que as empresas poidan acollerse á cláusula regulamentada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos de solicitude:

1º Comisión paritaria do convenio.

2º Negociación coa representación legal dos traballadores.

3º Mecanismos de AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente deberanse xunta-la documentación seguinte:

a) Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos tres últimos exercicios nos que se demostre que durante eles se produciron perdas reais.

b) Plan de viabilidade para o período en que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e a xustificación económica e a súa repercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderanse pactar reduccións sobre as porcentaxes dos incrementos negociados ou a súa total inaplicación polo período que se determine; neste último caso aplicaranse os aspectos económicos nos termos que figuran no convenio anteriormente vixente.

Os representantes dos traballadores, membros da comisión paritaria, así como os seus asesores están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos ós que tiveron acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto de todo iso, sixilo profesional.

Artigo 53º.-Clasificación profesional.

O persoal ó servicio das empresas afectadas por este convenio colectivo queda encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais en función das súas titulacións académicas, aptitudes profesionais e contido xeral da prestación laboral requirida. As definicións contidas para cada grupo profesional non son exhaustivas senón simplemente enunciativas.

Grupo I. Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores que coordinan, dirixen, establecen e crean políticas xerais, prácticas normativas e procedementos amplos, con alto grao de autonomía a partir de directrices xerais. Exercen a supervisión a través dos mandos intermedios, co fin de consegui-los obxectivos operacionais marcados.

Grupo II. Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores que desenvolven a súa actividade baixo especificacións precisas e con certo grao de autonomía, podendo coordina-lo traballo dun equipo, e para o cal se require unha pericia ou habilidade sistemática nas actividades e/ou procesos técnicos, comerciais, informáticos ou administrativos, estando ou non estandarizados.

Grupo III. Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores en postos que se executan baixo instruccións concretas con dependencia xerárquica e funcional total. Esíxese o coñecemento total do seu oficio, e as funcións poden implicar incomodidade ou esforzo físico.

Artigo 54º.-Mobilidade xeográfica.

A) Desprazamento. As empresas poderán despraza-lo seu persoal a outros centros de traballo distintos a aquel no que presten os seus servicios fundamentando o dito desprazamento en razóns técnicas, organizativas, de producción ou de contratación.

B) Traslado. Enténdese por traslado o desprazamento a outro centro de traballo que implique cambio de domicilio.

Enténdese que un desprazamento implica cambio de domicilio cando o centro de traballo diste máis de 40 km do seu centro actual ou do seu domicilio actual.

Para os supostos de traslados de persoal polos motivos recollidos na lei, establécense os seguintes mecanismos:

-Negociación preceptiva coa representación legal dos traballadores.

-Intervención dos mecanismos do AGA, e en caso de desacordo da comisión paritaria.

-Recuperación do posto de traballo anterior no caso de laudo ou sentencia favorable.

-Aviso previo de 45 días.

-Prazo de incorporación ó novo centro de traballo de 30 días.

-Os traslados non terán unha duración inferior a 12 meses nun período de tres anos.

-Se por traslado dun cónxuxe cambia de residencia, o outro, se fose traballador dela terá dereito ó traslado á mesma localidade.

Os casos de traslados darán lugar ó devengo polo traballador dos seguintes conceptos compensatorios:

-Billete para o traballador e os familiares que vivan ás súas expensas.

-Transporte de mobiliario, roupa e utensilios do fogar.

-Indemnización consistente en dúas veces o salario base mensual da súa categoría profesional, nun pago único.

-Compensación durante doce meses do custo da vivenda en aluguer (vivenda das mesmas características).

-Notificada a decisión de traslado, o traballador poderá optar pola extinción do contrato percibindo unha indemnización de 25 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano, e cun máximo de 12 mensualidades.

Artigo 55º.-Faltas e sancións.

Considerarase falta laboral toda acción ou omisión da que resulte responsable o traballador, que se produza con ocasión ou como consecuencia da relación laboral e que constitúa un incumprimento grave e culpable das súas obrigas.

As faltas graduaranse atendendo á súa importancia, trascendencia, voluntariedade e malicia na súa comisión, en: leves, graves e moi graves.

Artigo 56º.-Faltas leves.

1. As faltas de puntualidade na asistencia ó traballo, sen causa xustificada, de dúas a catro faltas no período dun mes ou de trinta días naturais.

2. Non cursar no momento oportuno a comunicación correspondente, cando se falte ó traballo por motivo xustificado, salvo que se probe a imposibilidade de facelo.

3. O abandono ou ausencia do posto de traballo, sen previo aviso ou autorización, aínda que sexa por breve tempo. Se como consecuencia diso se causase algún prexuízo á empresa ou fose causa de accidente ós compañeiros de traballo, será considerada como grave ou moi grave.

4. Pequenos descoidos na conservación do material, maquinaria, ferramentas e instalación, salvo que iso repercuta na boa marcha do servicio; en tal caso poderá ser considerada como grave ou moi grave.

5. Non atender ó público coa corrección e dilixencia debida.

6. Non informar á empresa dos cambios de domicilio.

7. A discusión sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa ou durante calquera acto de servicio. Se se produce con notorio escándalo poden ser consideradas como graves ou moi graves.

8. A inobservancia das normas en materia de seguridade e hixiene no traballo ou saúde laboral, que non entrañen risco para o traballador nin para os seus compañeiros de traballo ou terceiras persoas, xa que de darse estas circunstancias será considerado como grave ou moi grave segundo os casos.

9. Usar o teléfono da empresa para asuntos particulares, sen autorización.

10. A embriaguez ocasional.

11. Cambiar, mirar ou revolve-los armarios ou efectos persoais dos compañeiros de traballo, sen a debida autorización dos interesados.

Artigo 57º.-Faltas graves.

1. Alegar motivos falsos para a obtención de licencias ou permisos.

2. Atoparse no local de traballo, fóra das horas de traballo, sen autorización.

3. Máis de catro faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, durante un mes ou trinta días naturais.

4. Faltar ó traballo dun a tres días druante o mes sen causa xustificada.

5. Non comunicar con dilixencia debida as alteracións familiares que poidan afectar ós procesos administrativos ou prestacións sociais. Se mediara algunha malicia será considerada como moi grave.

6. Simula-la presencia doutro traballador na empresa mediante calquera forma.

7. A neglixencia no traballo que afecte a boa marcha del.

8. A imprudencia no traballo, que implicase risco de accidente para o traballador ou outros, ou ben perigo de avaría na maquinaria, ferramentas ou instalacións, poderase considerar moi grave.

9. A asistencia reiterada ó traballo en estado de embriaguez ou toxicomanía.

10. A reincidencia en falta leve dentro dun trimestre, cando exista sanción por escrito da empresa.

11. Non advertir e instruír axeitadamente a outros traballadores sobre os que teña algunha relación de autoridade ou mando, do risco do traballo que se vaia executar e do posible modo de evitalo.

12. Transitar ou permiti-lo tránsito por lugares ou zonas perigosas portando útiles de ignición, así como por lugares expostos ó risco de incendio.

13. A falta de sixilo profesional divulgando datos, informes ou antecedentes que poidan producir prexuízo de calquera tipo á empresa.

14. Calquera falsidade ou inexactitude deliberada nos partes ou documentos de traballo, ou a negativa á súa formalización, así como proporcionar falsa información á dirección da empresa, ou ós seus superiores en relación co traballo.

15. A inxustificada delegación de funcións ou traballo en persoal de inferior rango laboral ou non cualificado para a súa realización.

16. A aceptación de dádivas ou regalos por dispensar trato de favor no servicio.

17. A diminución voluntaria do rendemento do traballo normal.

18. Non informar coa debida dilixencia os seus xefes, ó empresario, ou a quen o representa de calquera anomalía que observa nas instalacións e demais útiles, ferramentas, maquinaria e materiais.

19. Descoidos de importancia na conservación, limpeza ou utilización de materiais, máquinas, ferramentas e instalacións que o traballador utilice.

Artigo 58º.-Faltas moi graves.

1. A desobediencia continuada ou persistente no traballo.

2. Máis de dez faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas nun período de tres meses ou de vinte durante seis meses.

3. A fraude, a deslealdade, ou o abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como o furto ou roubo tanto á empresa como ós compañeiros de traballo ou a terceira persoa, dentro das instalacións da empresa ou durante o desenvolvemento da súa actividade profesional.

4. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada de traballo, así como empregar ferramentas, útiles ou materiais para uso propio.

5. Maliciosamente, facer desaparecer, inutilizar, desfacer ou causar desperfectos en materiais, ferramentas, útiles, aparellos, instalacións, vehículos, edificios, obxectos e incluso documentos da empresa.

6. A condena por sentencia firme por delictos de roubo, furto, violación ou abusos sexuais, así como calquera outro delito que puidera implicar desconfianza da empresa respecto ó seu autor, aínda cando estes foran cometidos fóra da empresa.

7. A embriaguez ou toxicomanía habitual durante o traballo que repercuta negativamente no traballo.

8. Viola-lo segredo da correspondencia ou de documentos reservados da empresa.

9. Revelar a elementos estraños á empresa datos desta de obrigada reserva.

10. Adicarse a actividades profesionais, por conta propia, en empresas da competencia, sen a oportuna e expresa autorización.

11. Os malos tratos de palabra ou obra ou faltas graves de respecto e consideracións ós superiores, compañeiros ou subordinados.

12. A imprudencia, neglixencia ou incumprimento das normas ou ordes sobre seguridade e hixiene no traballo, cando por iso se produza grave risco para os traballadores ou danos para as instalacións.

13. Causar accidentes graves por neglixencia, descoido ou imprudencia inescusables ou serio perigo para as empresas.

14. A non utilización dos medios ou materiais de prevención de riscos de accidentes de traballo, facilitados pola empresa.

15. Abandona-lo posto de traballo en cargo de responsabilidade ou cando con isto causara un prexuízo grave no proceso productivo, deterioración importante das cousas ou serio perigo para as persoas.

16. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal ou pactado.

17. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun período de seis meses, sempre que fora obxecto de sanción por escrito.

18. A falla de asistencia ó traballador non xustificada por máis de tres días no mes ou de 30 días naturais.

19. A comisión de erros repetidos e intencionados, que poidan orixinar prexuízo á empresa.

20. A emisión maliciosa ou por neglixencia inexcusable, de informes errados ou a sabendas de que non son exactos.

21. A simulación de supostos de incapacidade temporal ou accidente.

Artigo 59º.-Graduación das sancións.

1. As sancións que poderán impoñe-las empresas en cada caso, graduaranse atendendo á gravidade de falta cometida, podendo se-las seguintes:

a) Por faltas leves:

Amoestación verbal.

Amoestación escrita.

b) Por faltas graves:

Suspensión de emprego e soldo de 1 a 20 días.

c) Por faltas moi graves:

Suspensión de emprego e soldo de 21 a 90 días.

Despedimento.

2. Para a aplicación e graduación das sancións que anteceden, terase en conta:

a) O maior ou menor grao de responsabilidade do que comete a falta.

b) A categoría profesional del.

c) A repercusión do feito nos demais traballadores e na empresa.

Artigo 60º.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA), publicado no Diario Oficial de Galicia do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos do presente convenio co alcance previsto no propio AGA.

Artigo 6º.-Transformación de contratos temporais en indefinidos.

Durante a vixencia do convenio, as empresas terán a posibilidade de converter tódolos contratos de traballo temporais en contratos para o fomento da contratación indefinida regulados na disposición adicional primeira da Lei 63/1997.

ANEXO I

Táboas salariais

Período 1-10-1998 a 31-12-1998Período ano 1999

G.P.Nivel salarialSalario mesSalario mesCómputo

anual

ITécnico proxectista94.00697.5461.517.515

Perito91.73895.2201.484.955

ATS91.73895.2201.484.955

Xefe administrativo 1ª94.00697.5461.517.515

Encargado91.73895.2201.484.955

IIDelineante89.46492.8881.452.308

Xefe administrativo91.73895.2201.484.955

IIIAuxiliar analista87.49790.8711.424.073

Oficial administrativo 1ª89.46492.8881.452.308

Oficial administrativo 2ª87.49790.8711.424.073

Auxiliar administrativo85.38188.7011.393.683

Oficial de 1ª89.46492.8881.452.308

Oficial 2ª87.49790.8711.424.073

Axudante85.38188.7011.393.683

Período 1-10-1998 a 31-12-1998Período ano 1999

G.P.Nivel salarialSalario mesSalario mesCómputo

anual

Peón especializado83.57686.8501.367.777

Peón81.38084.5981.336.244

Ordenanza81.38084.5981.336.244

Garda e vixilante81.38084.5981.336.244

Paga 1º de maio27.500

Plus asistencia: período 1-10-1998 a 31-12-1998Ano 1999

Traballadores menores de idade117120

Traballadores en formación de 18 a 20138142

Resto dos traballadores203208

Plus transporte: período 1-10-1998 a 31-12-1998Ano 1999

315323

ANEXO II

Antigüidade consolidada o 1 de outubro de 1998

G.P.Nivel salarial5 anos6 anos7 anos8 anos9 anosCada ano máis

ITécnico proxetista3.1173.7414.3644.9885.611623

Perito3.0463.6554.2644.8735.482609

ATS3.0463.6554.2644.8735.482609

Xefe administrativo 1ª3.1173.7414.3644.9885.611623

Encargado3.0463.6554.2644.8735.482609

IIDelineante2.9753.5704.1654.7605.355595

Xefe administrativo3.0463.6554.2644.8735.482609

IIIAuxiliar analista2.8913.4694.0474.6255.203578

Oficial administrativo 1ª2.9753.5704.1654.7605.355595

Oficial administrativo 2ª2.8913.4694.0474.6255.203578

Auxiliar administrativo2.8343.4013.9684.5355.101567

Oficial de 1ª2.9753.5704.1654.7605.355595

Oficial de 2ª2.8913.4694.0474.6255.203578

Axudante2.8343.4013.9684.5355.101567

Peón especializado2.7643.3163.8694.4224.974553

Peón2.6943.2333.7724.3104.849539

Ordenanza2.6943.2333.7724.3104.849539

Garda e vixilante2.6943.2333.7724.3104.849539

ANEXO III

Calendario laboral 1-10-1998 a 31-12-1998

DíasOutubroNovembroDecembro Días

18Domingo81

28882

3Sábado883

4Domingo884

588Sábado5

688Domingo6

78SábadoFestivo8

88DomingoFestivo8

98889

10Sábado8810

11Domingo8811

12Festivo8Sábado12

1388Domingo13

148Sábado814

158Domingo815

1688816

DíasOutubroNovembroDecembro Días

17Sábado8817

18Domingo8818

1988Sábado19

2088Domingo20

218Sábado821

228Domingo822

2388823

24Sábado8424

25Domingo8Festivo25

2688Sábado26

2788Domingo27

288Sábado828

298Domingo829

3088830

31SábadoFestivo31

Días 21 21 20/19

Horas168168 152

Declárase festivo a totalidade da xornada do 31 de decembro como compensación do exceso de xornada do ano 1999.

Calendario laboral 1-1-1999 ó 31-12-1999

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembroDías

1Festivo88FestivoSábado F.88Domingo88Festivo81

2Sábado88FestivoDomingo8888Sábado882

3Domingo88Sábado88Sábado88Domingo883

4888Domingo88Domingo8Sábado88Sábado4

588888Sábado88Domingo88Domingo5

6FestivoSábadoSábado88Domingo8888SábadoFestivo6

78DomingoDomingo8888Sábado88DomingoFestivo *7

88888Sábado88Domingo888Festivo8

9Sábado888Domingo8888Sábado889

10Domingo88Sábado88Sábado88Domingo8810

11888Domingo88Domingo8Sábado88Sábado11

1288888Sábado88DomingoFestivo8Domingo12

138SábadoSábado88Domingo8888Sábado813

148DomingoDomingo8888Sábado88Domingo814

158888Sábado88Domingo888815

16Sábado888Domingo8888Sábado8816

17Domingo88SábadoFestivo8Sábado88Domingo8817

18888Domingo88Domingo8Sábado88Sábado18

1988Festivo88Sábado88Domingo88Domingo19

208SábadoSábado88Domingo8888Sábado820

218DomingoDomingo8888Sábado88Domingo821

228888Sábado88Domingo888822

23Sábado888Domingo8888Sábado8823

24Domingo88Sábado88Sábado88Domingo8Festivo *24

25888Domingo88Domingo8Sábado88Sábado F.25

2688888Sábado88Domingo88Domingo26

278SábadoSábado88Domingo8888Sábado827

288DomingoDomingo8888Sábado88Domingo828

29888Sábado88Domingo888829

30Sábado88Domingo8888Sábado8830

31Domingo88Sábado8DomingoFestivo *31

Días192022202022222222202121

Horas152160176160160176176176176160168169

DíasHoras

Laborais2512.008

Festivos locais 2 16

Vacacións 21 168

* Compensación exceso horas 3,75 30

Total xornada1.794

* As xornadas dos días 7, 24 e 31 de decembro decláranse festivos para os efectos de dar cumprimento ó cómputo anual de horas pactadas no convenio, estas xornadas poderanse trocar por outras que as empresas acorden cos seus traballadores. O exceso de horas foi compensado no derradeiro trimestre do ano 1998.