Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 1999 Páx. 1.540

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 2 de febreiro de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, grupo A, pola que se fan públicas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

Na sesión celebrada o día 2 de febreiro, polo tribunal desigando para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración

da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, grupo A, convocada por Orde do 4 de xuño de 1998 (DOG do 25 de xuño) e de conformidade co disposto na base II.1.4 da convocatoria, acórdase:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas na fase de concurso que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Escola Galega da Administración Pública e do Instituo Galego de Estatística.

Segundo.-Outorgar un prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan formular, perante o tribunal, con sede na Dirección Xeral de Función Pública

da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela, as reclamacións que xulguen oportunas.

Para efectos de información o teléfono de contacto é 902 12 00 12 e 981 54 20 09, en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1999.

José A. Campo Andión

Presidente do tribunal