Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECIÓN de erros.-Edicto do 16 de setembro de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notican as resolucións dictadas sobre a renda de integración social de Galicia relacionadas no anexo (Adolfo González Grobas e corenta e unha máis).

Advertidos erros no dito edicto, publicado no DOG nº 204, do 21 de outubro de 1998, cómpre face-las seguintes rectificacións:

Na páxina 11.392, columna da dereita, onde di: «contra esta resolución poderán interpoñer reclamacións previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril»; debe dicir: «contra esta resolución poderán interpoñer no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación deste edicto, recurso ordinario perante a comisión técnica central de RISGA con sede en Santiago de Compostela, mediante escrito presentado

ante a comisión técnica provincial de Pontevedra, e que deberán remitir a U.T.A da RISGA, Cánovas del Castillo, s/n, Vigo».