Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencia segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Obxecto: organización e montaxe dos expositores institucionais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos seguintes certames feirais que se celebrarán durante 1999: European Seafood Exposition (Bruxelas, Bélxica) e World Food Market Anuga (Colonia, Alemaña).

Adxudicatario: Luis Ferreira Asociados, S.L.

Importe: 69.948.000 ptas.

Obxecto: modificación de instalacións de producción de xeo do porto pesqueiro de Muros.

Adxudicatario: Cofrico, S.L.

Importe: 36.540.000 ptas.

Obxecto: adquisición dunha máquina de lavado de envases normalizados de manipulación de peixe con destino ó porto pesqueiro do Grove.

Adxudicatario: Maquinaria Conservera, S.A.

Importe: 3.500.000 ptas.

Obxecto: modificación das instalacións da fábrica de xeo do porto pesqueiro de Sada.

Adxudicatario: Grenco Ibérica, S.A.

Importe: 7.550.000 ptas.

Obxecto: adquisición dunha carreta elevadora con destino ó porto pesqueiro de Portonovo.

Adxudicatario: Talleres Madegal, S.A.

Importe: 3.390.000 ptas.

Obxecto: instalación de carro-varadoiro no porto pesqueiro de Bueu.

Adxudicatario: deserto.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 199 do regulamento.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1999.

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura