Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 14 de xaneiro de 1999, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifica a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes sancionadores PO-0547-97 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que se citan a continuación, a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte á publicación deste edicto, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Pontevedra (Vigo) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma nº 4, Vigo) e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: PO-0547-97.

Denunciado: Juan José Diz Castro.

Enderezo: Laxe do Pan, 3, Illa de Arousa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 6.5º, 6.7º e 6.13º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: seiscentas mil pesetas (600.000 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 16 de marzo de 1998.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de seiscentas mil pesetas (600.000 ptas.).

Nº de expediente: PO-0835-97.

Denunciado: José Domínguez Cao.

Enderezo: Viña das Leiras, 2-O Grove (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 6.14º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cen mil pesetas (100.000 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 6 de abril de 1998.

Resolución do recurso ordinario: estimatoria parcialmente, rebaixando a sanción a vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.) como comisión dunha infracción leve (artigo 5 parágrafo 3º).

Nº de expediente: PO-1422-97.

Denunciada: Clara Berjano Rodríguez.

Enderezo: Portela, 30, Cedeira, Redondela (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 6.12º e 6.13º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: trescentas mil pesetas (300.000 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 6 de maio de 1998.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de trescentas mil pesetas (300.000 ptas.).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser

aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 14 de xaneiro de 1999.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)