Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 1999 Páx. 1.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/425-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. Avda. de Barraña, 4.

Situación: Boiro.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 140 m de lonxitude, con orixe na liña que vai do C.T. Xardín (expediente 30507) ó C.T. Boiro Bao (expediente 23782) e final no C.T. Avda. Barraña, 4, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Avda. Barraña, 4, do que sae rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V. de 10 m. Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña