Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador E.N. 17/98 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que

no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mª Asunción Buceta Canay.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e poderán ser recusadas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mencionada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, aporta-los documentos ou presenta-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar elagación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9).

Pontevedra, 18 de xaneiro de 1999.

José Luis Díez Yañez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 17/98.

Denunciado: Miguel Olives Martínez.

Último enderezo coñecido: Avda. Alfonso Molina, 3, 6º A Coruña.

Feito denunciado: estacionar unha moticicleta nas dunas da zona denominada Lagoa Bodeira, lugar comprendido dentro do convenio Ramsar, BOE nº 110, do 8 de de maio de 1990. Feitos acontecidos ás 19.25 horas do día 19 de xullo de 1998, na zona denominada Lagoa Bodeira.

Precepto infrixindo: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espcacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espaciós naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 20.000 ptas.