De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957.
1. Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992 citada, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso ordinario sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.
2. O importe da sanción deberá ser ingresado no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que a resolución sexa firme na conta nº 2091.0388.90.3110001181 de recadación de multas e sancións que a Xunta de Galicia ten na Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.
Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nas delegacións
da Consellería de Medio Ambiente e nas oficinas desta dirección xeral, sita en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1999.
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Montes e Medio Ambiente
Natural
ANEXO
Expediente sancionador: MP-36/98-PO.
Artigo infrinxido: 432 do Regulamento de montes.
Contía da sanción: doce mil cincocentas (12.500) pesetas.
Denunciada: María Filloy Sánchez.
DNI: 35.376.903
Último enderezo coñecido: rúa Travesas, 3, Santiago de Compostela (A Coruña).