Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de canteira de cuarcita Covadonga, sección A, situado no concello do Incio (Lugo) e promovido por Pizarras Vega, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación

dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e duración o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de canteira de cuarcita Covadonga, sección A, situado no concello do Incio (Lugo) e promovido por Pizarras Vega, S.L.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

* Concello do Incio.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental