Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 09 de febreiro de 1999 Páx. 1.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1999 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría e asistencia para a realización do traballo de campo e gravación da enquisa sobre condicións de vida das familias.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría e asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: 640.1/71/01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización do traballo de campo e gravación da enquisa sobre condicións de vida das familias.

b) Prazo de execución: catro meses e medio seguindo o calendario fixado no punto 7 do prego de condicións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 26.560.000 pesetas IVE incluído.

5. Garantía provisoria.

531.200 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

Poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela. CP 15702. Tlf.: 981 54 13 21 e fax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 3, categoría B.

8. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días contados a partir do seguinte o da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 á 14 horas, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas.

O quinto día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 horas e nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1999.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística