Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.383

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (491/1998-02).

En virtude do acordado en resolución do día de hoxe dictada no xuízo de menor contía 491/1998, que se segue neste xulgado, por instancia de Manuel Padín García, representado polo procurador García-Picoli Atanes, contra as persoas descoñecidas e incertas que poidan ter dereitos hereditarios na herdanza do causante Jesús Manuel Calle Pazos e outros, por medio desta cédula emprázanse as persoas descoñecidas e incertas que poidan ter dereitos hereditarios na herdanza do causante Jesús Manuel Calle Pazos, co fin de que no prazo de dez días, comparezan nos autos coa prevención que de non facelo serán declaradas en rebeldía e que se dará por contestada a demanda, notificándolle-la dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

E para que sirva de emprazamento ás persoas descoñecidas e incertas que poidan ter dereitos hereditarios na herdanza do causante Jesús Manuel Calle Pazos, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o trinta de decembro de mil novecentos nvoenta e oito.

O secretario

Rubricado