Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola intalación eléctrica que se cita. (Expediente 51578).

Outorgada a declaración de utilidade pública en concreto, da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 1.216 m de lonxitude desde a liña Eume-O Pedrido, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar de Cortizas-As Leguas no termo municipal de Monfero (expediente 51578), por Decreto

329/1998 do 12 novembro, declárase a urxente ocupación de bens e dereitos que se afectan polas referidas instalacións, a favor da entidade beneficiaria Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. con enderezo na r/ Mancebo nº 26, de Pontedeume (A Coruña).

Esta delegación acorda sinala-lo día 10 de febreiro de 1999 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán o ben e dereito expropiable e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación que se somete a información no taboleiro de edictos do Concello de Monfero; acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 16 de decembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións