Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.382

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CULTURA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data en que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que deberán xulga-los concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios que se citan.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo achegado e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo), e artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas citadas no mencionado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deberán ser elixidos por este procedemento para o día 17 de febreiro de 1999, ás dez horas, realizándose estes polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Foran designados para formaren parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 12 de febreiro de 1999, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, haberá que aterse ó disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 18 de xaneiro de 1999.

Rafael Anes Álvarez

Secretario xeral do Consello de Universidades

ANEXO

Universidade: A Coruña

Concursos convocados por resolución da universidad do 7-9-1998 e BOE do 29-9-1998.

Concurso nº: 56.Nº sorteo: 36803.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: fisioloxía.

Presidente titular: Carlos Acuña Castroviejo.

Vocal secretario titular: Constancio González Martínez.

Concurso nº: 57.Nº sorteo: 36804.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: medicina.

Presidente titular: Miquel Vilardell Tarres.

Vocal secretario titular: Cristóbal Manuel Richart Jurado.

Concurso nº: 58.Nº sorteo: 36805.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: fisioloxía.

Presidente titular: Luis Felipe de la Cruz Palomino.

Vocal secretario titular: Francisco J. Cudeiro Mazaira.

Concurso nº: 59.Nº sorteo: 36806.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: ciencias morfolóxicas.

Presidente titular: Francisco Javier Jorge Barreiro.

Vocal secretario titular: Juan Antonio Suárez Quintanilla.

Concurso nº: 60.Nº sorteo: 36807.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: José Ramón Cancelo de la Torre.

Vocal secretario titular: Pedro Noguera Méndez.

Concursos convocados por resolución da universidade do 15-9-1998 e BOE do 2-10-1998.

Concurso nº: 61.Nº sorteo: 36808.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: teoría do sinal e comunicacións.

Presidente titular: Aníbal Ramón Figueiras Vidal.

Vocal secretario titular: Antonio Artes Rodríguez.

Concurso nº: 62.Nº sorteo: 36809.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: física aplicada.

Presidente titular: Luis Fernando Barral Losada.

Vocal secretario titular: Jesús Cano Malagón.

Universidade: Santiago de Compostela

Concursos convocados por resolución da universidade do 1-7-1998 e do BOE 21-7-1998.

Concurso nº: 1582.Nº sorteo: 36884.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: didáctica da matemática.

Presidente titular: Luis Rico Romero.

Vocal secretario titular: M. del Carmen Batanero Bernabeu.

Concurso nº: 1611.Nº sorteo: 36885.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: ecoloxía.

Presidente titular: Alejo Carballeira Ocaña.

Vocal secretario titular: Carmen García Ple.