Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.368

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 2 de febreiro de 1999 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados polo persoal do Hospital do Meixoeiro durante a folga que se levará a efecto desde as 22 horas do día 9 de febreiro de 1999 ás 22 horas do día 10 de febreiro de 1999.

Convocada folga que afecta o persoal do Hospital do Meixoeiro que se levará a efecto desde as 22 horas do día 9 de febreiro ás 22 horas do día 10 de febreiro de 1999 oído o comité de folga, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A folga convocada desde as 22 do día 9 de febreiro de 1999 ás 22 horas do día 10 de febreiro de 1999 que afecta o persoal do Hospital do Meixoeiro, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo desta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios da institución sanitaria, en evitación de que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

É por iso, que se manteñen os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible ós pacientes hospitalizados, así como a atención urxente ós usuarios, que non pode aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos, establécense os criterios rectores da súa determinación que se corresponden cos asinados coas centrais sindicais con motivo das folgas anteriores como a última de febreiro de 1997. Os efectivos que se fixan ponderan a duración do paro convocado así como as necesidades sanitarias de ineludible atención e supoñen a transposición, respecto e aplicación dos citados criterios ás distintas áreas asistenciais e de servicios dos centros afectados polo conflicto.

Os ditos criterios rectores explicítanse do seguinte xeito:

* Persoal facultativo:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servicios de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que ó ingresaren, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

-Atención ós paritorios.

II. Cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalizados, respecto das patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde.

III. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garanti-las visitas médicas, a atención indefectible dos pacientes hospitalizados e as altas clínicas.

IV. No ámbito da consulta atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, así como as interconsultas dos pacientes hospitalizados que o requiran, por criterio do facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas dos pacientes desprazados.

V. Garantirase, así mesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós pacientes hospitalizados que, por criterio do facultativo, sexan necesarias.

VI. Unidades especiais:

Coidados críticos: o mesmo que para un domingo ou festivo.

Diálise: o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes afectados.

* Persoal sanitario non facultativo:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servicios de urxencias.

-Quirófanos urxentes xerais e de tocoloxía para a atención dos usuarios que, ó ingresaren, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

-Atención ós paritorios.

II. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

III. No ámbito de consultas estableceranse un doble ámbito:

Apoio á atención ás consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

Apoio á atención das consultas ambulatorias nunha porcentaxe máxima do 25% dos cadros de persoal habituais.

Neste dobre ámbito o número de servicios mínimos non superará o 30% dos cadros de persoal.

IV. No ámbito dos servicios centrais garantirase, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós pacientes hospitalizados que, por criterio do facultativo, sexan necesarias.

V. Unidades especiais:

Coidados críticos: os mesmos que para un domingo ou festivo.

Diálise: o número necesario para garanti-lo coidado dos pacientes afectados.

* Persoal non sanitario:

I. Áreas de hospitalización: un número de efectivos equivalente ó dos domingos ou festivos.

II. Servicio de admisión: un número equivalente ó dos domingos ou festivos.

III. Cita previa: un número de efectivos que garanta a atención ó paciente que o requira, cun mínimo de un por centro e ata un máximo do 50% do cadro de persoal.

IV. Atención ó paciente: un número de efectivos que garanta a atención ó paciente que o requira cun mínimo de un por centro e ata un máximo do 50% do cadro de persoal.

V. Servicio de mantemento: un número equivalente ós festivos.

VI. Servicios de lavandería e lencería: ata un 50% do cadro de persoal.

VII. Limpeza: ata un 50% do cadro de persoal.

VIII. Hostelería: un número mínimo en equivalencia cos domingos ou festivos ou ben un 60% do cadro de persoal segundo as necesidades de cada centro.

Coa finalidade de garanti-lo adecuado mantemento do servicio servirase con carácter xeral un único menú ós pacientes que non requiran dieta médica especial.

IX. Conductores: o mesmo número do cadro de persoal dos domingos ou festivos cun mínimo en todo caso dun efectivo.

X. Servicios administrativos:

-Direccións-información e control de xestión: un efectivo por cada servicio.

-De persoal: un efectivo.

-De nóminas: un efectivo.

-De subministracións: un efectivo.

-Almacéns: dous efectivos.

Con tales premisas determínase no anexo desta resolución, por grupos profesionais, o número de servicios mínimos do persoal afectado.

Artigo 2º

A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será determinada polo director-xerente do centro, procedéndose á súa publicación nos taboleiros de anuncios do centro de traballo.

Artigo 3º

Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo de 1977).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Persoal facultativo

-Facultativos de urxencias o 100%.-Facultativos de garda o 100%.

Servicios

S. mínimos

nº Efect.

Análises clínicas2

Anatomía patolóxica1

Anestesia5

Aparato dixestivo1

Cardioloxía2

Cirurxía xeral3

Cirurxía plástica2

Endocrinoloxía1

Farmacia2

Xeriatría1

Hematoloxía2

Inmunoloxía1

Medicina interna2

Medicina nuclear1

Medicina preventiva1

Microbioloxía1

Nefroloxía1

Neumoloxía2

Neurofisioloxía1

Neuroloxía2

O.R.L.2

Obstetricia-xinecoloxía3

Oftalmoloxía2

Oncoloxía1

Psiquiatría1

Radioloxía3

Rehabilitación1

Servicios

S. mínimos

nº Efect.

Reumatoloxía1

Traumatoloxía4

U.C.I.2

Uroloxía3

TOTAL57

Persoal sanitario non facultativo

CategoríaMañáTardeNoiteTotal

ATS/DUE673931137

Técnicos especialistas215430

Fisioterapeutas44

Auxiliares de enfermería573619112

TOTAL1498054283

Persoal non sanitario

ServicioMañáTardeNoiteTotal

Admisión29 Aux. Adtivos.8 Aux. Adtivos.1 Aux. Adtivo.38

P. subalterno23 celadores16 celadores10 celadores49

Hostelería1 Aux. Adtivo.

6 lavandeiras

15 pasadoras de ferro

1 gobernante

6 lavandeiras

15 pasadoras de ferro

1 gobernante

0

45

Servicios xerais1 Aux. Adtivo.

1 celador

1 telefonista

1 conductor

1 telefonista

1 telefonista

6

Mantemento1 Pers. de oficio1 Pers. de oficio02

Subministracións almacén2 Aux. Adtivos. Subm.

1 Aux. Adm. almacén

2 celadores almacén

1 celador

0

6

Persoal3 Aux. Adtivos.003

Contabilidade2 Aux. Adtivos.002

Xerencia1 Aux. Adm.-dirección

2 azafatas

1 Superv.-Att. paciente

1 Aux. Adm.-C. xestión

1 azafata

0

6

TOTAL955012157