Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 08 de febreiro de 1999 Páx. 1.370

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa UTE Seragua-FCC Lei 18/1982 (Nigrán).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa UTE Seragua-FCC Lei 18/1982 (Nigrán), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 29-12-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data do 15-12-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á

Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de xaneiro de 1999.

Luis Boullosa Nores

Delegado provincial de Pontevedra en funcións

Convenio colectivo anos 1998/1999

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal da UTE Seragua-FCC, concesionaria

do servicio municipal de abastecemento e saneamento de auga de Nigrán.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día primeiro de xuño de 1998 (1-6-1998) sexa cal fose a data da súa publicación. Terá unha vixencia dun ano e medio, que finaliará o 31 de decembro de 1999, considerándose a partir de entón prorrogado de ano en ano, se non fose denunciado con dous meses de antelación ó remate da súa vixencia inicial ou prorrogada.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio deberá efectuarse por escrito ante a autoridade laboral e a outra parte, segundo o previsto en canto a prazo no artigo anterior.

Artigo 4º.-Conceptos retributivos.

As retribucións de cada traballador estarán compostas polo salario base de convenio e os complementos que para cada actividade e categoría se determinan no articulado do convenio.

O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 5º.-Salario base.

Salario base convenio é o fixado na táboa anexa I.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán, en concepto de antigüidade, as cantidades establecidas na táboa anexa II.

A data de partida do spremios será a do primeiro de xaneiro ou a do primeiro de xullo, segundo que o ingreso na empresa se producise o primeiro ou segundo semestre do ano.

Artigo 7º.-Participación en beneficios.

O persoal acollido a este convenio percibirá por este concepto, o quince por cento (15%) do importe dos salarios fixados na táboa anexa I.

A participación en beneficios percibirase mensualmente.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal comprendido neste convenio percibirá catro pagas extraordinarias de devengo trimestral, por importe, cada unha dela dunha mensualidade, calculada sobre o salario base maila antigüidade, que serán efectivas o 31 de marzo, o 30 de xuño, o 30 de setembro e 22 de decembro.

O cómputo efectuarase do seguinte modo:

TrimestreMes aboamento

Xaneiro, febreiro, marzo.Marzo

Abril, maio, xuño.Xuño

Xullo, agosto, setembro.Setembro

Outubro, novembro, decembro.Decembro

O persoal de novo ingreso, o que cese durante o primeiro semestre do ano, percibirá unicamente a parte proporcional das pagas extraordinarias de marzo e xuño, que corresponda ó tempo efectivamente traballado. Idéntico criterio se aplicará para o persoal que ingrese ou cese na empresa no segundo semestre do ano, respecto ás pagas extraordinarias de setembro e decembro.

Artigo 9º.-Plus de toxicidade.

O plus por traballos tóxicos fíxase en 1.250 ptas./mensuais por mes efectivamente traballado.

Aplicarase cando se efectúen cambios de contedores ou botellas de cloro ou reparen avarías nos aparellos de dosificación, ó persoal implicado nos ditos traballos, así como a todos aqueles traballadores que nun momento determinado efectúen traballos no abastecemento ou saneamento e depuración de auga con posibilidade de existencia de toxicidade.

Artigo 10º.-Plus de transporte.

Aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade d eoito mil novecentas doce pesetas (8.912 ptas.) mensuais por este concepto, entendéndose, en todo caso, absorbida calquera cantidade que puidese devengarse en concepto de plus de distancia. O plus de transporte aboarase por mes efectivamente traballado.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Poderanse realiza-las horas extraordinarias necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural, por causa da natureza do traballo que se vaia executar.

O valor das horas extraordinarias é o fixado na táboa anexa III.

Artigo 12º.-Quilometraxe.

Todo traballador que utilice o vehículo da súa propiedade por conta da empresa, percibirá a cantidade de 30 pesetas quilómetro (30 ptas./km). Será necesaria a aprobación do gasto por parte do responsable correspondente.

Enténdese que as melloras pacadas serán de aplicación a partir da data da sinatura do convenio colectivo.

Artigo 13º.-Persoal de garda semanal.

O persoal de operarios dividirase en dous grupos, os repsonsables das redes e os responsables de equipos, ambos disporán dun buscapersoas cada un para realiza-las respectivas gardas.

O persoal de equipos é o responsable da parte eléctrica e mecánica dos equipos instalados, así como a supervisión do telemando e telecontrol. Ademais, poderá encargarse da regulación e control do cloro, lavado de filtros de auga potable e vixilancia no nivel do depósito.

O persoal de rede é responsable do resto.

O luns, ó principio de cada semana, entrarán e garda un traballador de rede e outro de equipos para atende-las súas tarefas respectivas, prolongándose a garda ata o luns seguinte. Os ditos traballadores levarán o buscapersoas correspondente fóra do horario laboral e atenderá debidamente os avisos que reciban durante toda a semana.

As rondas de control de fin de semana e días festivos dependerán das necesidades de cada momento, e a súa oportunidade será decidida previamente pola xefatura do servicio, que llo comunicará ó traballador encargado sinalándolle as tarefas que debe desempeñar durante o seu percorrido.

Estas rondas serán obrigatorias, se así se decide, e rotativas para tódolos operarios do cadro de persoal.

As gardas e rondas do grupo de equipos e mentres este só estea composto por unha persoa, serán realizados por tódolos operarios da seguinte forma:

-Dúas semanas ó mes estará de garda o responsable de equipos, com máximo.

-As dúas semanas restantes estará de garda unha persoa do grupo de rede.

As primas por estes servicios de gardas e rondas semanais serán as seguintes:

O traballador ou traballadores de garda semanal percibirán 1.000 ptas. día/laborable e 2.250 ptas. por sábado, domingo ou día festivo en concepto de dispoñibilidade para a garda.

Se se fai necesaria a realización de rondas de fin de semana ou días festivos, asignadas as tarefas correspondentes, estas retribuiranse como horas extras efectivamente traballadas. De igual modo, a atención dos avisos de avarías en redes ou equipos, recibidos a través do buscapersoas durante a garda, retribuiranse como horas extras efectivamente traballadas.

En caso de avarías de gran entidade ou que poden causar unha importante deterioración na imaxen do servicio, a xefatura deste poderá determinar se cómpre a localización de persoas de apoio para axudar á súa reparación, no suposto de que o persoal de garda non sexa abondo para iso.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corente horas semanais (40 horas) distribuídas segundo o seguinte horario:

De luns a venres de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Meses de xullo e agosto:

Persoal de administración: de 8 a 15 horas.

Persoal de explotación: de 7 a 14 horas.

Os días 24 e 31 de decembro a xornada será de 9 a 14 horas.

Artigo 15º.-Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de trinta (30) días naturais, que se desfrutarán preferentemente no período comprendido entre o primeiro de abril e o trinta e un de outubro, excluído o seu desfrute nos meses de xornada intensiva.

A retribución en período vacacional será: salario base máis antigüidade e participación en beneficios.

Artigo 16º.-Festas.

Terán consideración de festas, todas aquelas que regulamentariamente setean determinadas, tamén o día 1 de xuño, día da patrona. Se o primeiro de xuño fose día non laborable, cambiarase polo día laborable inmediatamente anterior.

Artigo 17º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes:

-15 días naturais en caso de matrimonio.

-2 días naturais en caso de falecemento de cónxuxe, fillos, pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou o seu cónxuxe.

-2 días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe ou fillos.

-2 días naturais por nacemento de fillo.

-1 día por traslado de domicilio.

-1 día por asuntos propios, logo de aviso de 72 horas.

-2 días de descanso anuais /mutuo acordo empresa/traballador mediante solicitude de traballador cunha antelación de 15 días).

As licencias enténdense vinculadas ó feito causante, debéndose desfrutar ó producirse este.

Artigo 18º.-Fondo social.

O importe do fondo social para axuda de estudios, cultura, deporte, turismo social, etc., será de oitenta mil (80.000) pesetas respectivamente, con destino a tódolos traballadores.

A dirección da empresa aprobará os criterios e programas, vixiando a distribución e contía para aplicar en cada caso, por proposta do delegado de persoal.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

Subministraráselle a todo o persoal as necesarias e habituais roupas de traballo, quedando determinada a súa entrega na forma seguinte:

-Camisa de manga curta: 2 ó ano.

-Camisa de manga longa: 2 ó ano.

-Pantalón: 2 ó ano.

-Calzado de seguridade: 1 par ó ano.

-Anorak: 1 cada dous anos.

-Chaqueta curta e pantalón: 2 ó ano.

-Roupa de auga (cando o posto de traballo así o requira).

-Botas de seguridade: 1 par ó ano.

-Luvas de caucho: segundo necesidades.

-Botas de auga: 1 par ó ano.

-Funda de traballo: 2 ó ano.

A utilización da roupa de traballo será obrigatoria durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente o primeiro de outubro para a roupa de inverno e o un de xuño para a roupa de verán.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de accidentes de traballo que lle garanta a cada traballador as seguintes indemnizacións:

a) En caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: 1.500.000 ptas.

b) En caso de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional: 2.000.000 de ptas.

Artigo 21º.-Situación de incapacidade temporal.

A empresa aboaralles a tódolos traballadores durante a situación de I.T., derivada de accidente de traballo e desde o primeiro día, a diferencia entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base máis antigüidade e participación en beneficios.

De igual forma, complementarase ata o 100% do salario base máis antigüidade e participación en beneficios, nos casos de hospitalización e mentres dure esta. A dita situación deberase acreditar fidedignamente para xera-lo dereito a este complemento.

Artigo 22º.-Seguridade e hixiene.

Será de aplicación a lexislación vixente sobre seguridade e saúde laboral, e ámbalas partes velarán polo seu estricto cumprimento.

Artigo 23º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non recollido no presente convenio, aplicarase o que dispoña o Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes aplicables.

Artigo 24º.-Definición de categorías.

Persoal técnico e administrativo.

Xefes de servicio.

Son os que, posuíndo a capacidade e coñecementos adecuados, teñen delegada baixo o seu mando e responsabilidade a dirección ou inspección (ou ámbalas funcións) de explotación.

Oficiais de segunda administrativos.

Son os empregados que, con perfecto coñecemento do traballo de categoría inferior e ás ordes dun xefe ou oficial, desenvolven traballos de mediana responsabilidade, tales como confección de nóminas, control e liquidación de efectos ó cobro, operacións de contabilidade, transcrición a libros ou outros medios, organización de arquivos ou ficheiros e demais traballos auxiliares.

Auxiliares administrativos.

Son os que axudan ós seus superiores en traballos de tipo administrativo en calquera das súas facetas, posuíndo coñecementos elementais de carácter burocrático, tales como mecanográficos en xeral, manexo de máquinas de calcular, cálculo numérico, manipulación de efectos e documentos, xustificantes, custos e preparación de recibos e cargos, etc.

Lectores.

Son os que anotan o consumo sinalado polos contadores dos abonados nos rexistros da empresa ou entidade e libretas ou outros medios que constan en poder daqueles, realizando o conxunto de operacións de restas, renovación de libretas de abonados e similares, que consonte as normas e costumes propios da organización de cada empresa, son necesarias e oportunas para proceder á ulterior facturación de subministracións, debendo dar conta ós seus superiores das anomalías que observen con motivo das lecturas de contadores.

Cando non realicen o seu traballo normal de lectura poderáselles encomendar na oficina traballos de repaso, comprobación e similares do conxunto de operacións que constitúen o seu labor habitual, e poderán efectuar entrega de correspondencia ou notificacións relacionadas coas subministracións.

Persoal operario.

Oficiais de primeira.

Son os que, posuíndo un oficio determinado, ou practican e aplican con tal grao de perfección que non só lles permiten levar a cabo os traballos xerais do seu oficio, senón aqueloutros que supoñen especial empeño e delicadeza dentro del, con coñecemento completo dos traballos de taller, e das instalacións de producción ou da rede de distribución, coidan do seu cumprimento e dirixen persoalmente os traballos de persoal obreiro, con perfecto coñecemento dos labores que estes efectúan, sendo responsables da súa disciplina, seguridade e rendemento, así como da perfecta execución do traballo.

Oficiais de segunda.

Integran esta categoría aqueles operarios que, sen chegar á especialidade esixida para o traballo máis perfecto, executan coa suficiente corrección e eficacia tarefas de carácter xeral ou específicas nos talleres, nas instalacións de producción ou na rede de distribución.

Este persoal poderá estar actuando ás ordes de persoal de superior categoría, ou ter ó seu cargo persoal de categoría inferior cando o cometido asignado non sexa de maior responsabilidade.

Oficiais de terceira.

Considéranse como tales os que, coa formación profesional elemental das funcións que integran un oficio, executan os traballos de acordo coa referida formación, baixo a dirección ou encargado dun superior.

Peóns especialistas.

Son os empregados que, con determinados coñecementos dunha especialidade, execútana e axudan ós oficiais.

Peóns.

Realizan as actividades da empresa que non precisan unha capacitación específica e cantas requiran a súa colaboración para o logro dos obxectivos encomendados.

Táboa anexa I

Retribucións

CategoríaAno 1998Ano 1999

Persoal técnico e administrativo
Xefe de servicio151.249 ptas.154.727 ptas.
Oficial 2º administrativo126.167 ptas.129.068 ptas.
Auxiliar administrativo85.000 ptas.87.810 ptas.
Lector84.385 ptas.87.190 ptas.

Persoal operario
Oficial 1º operario127.900 ptas.130.841 ptas.
Oficial 2º operario124.912 ptas.127.784 ptas.
Oficial 3º operario98.547 ptas.100.841 ptas.
Peón especialista85.000 ptas.87.810 ptas.
Peón83.740 ptas.86.550 ptas.

Táboa anexa II

Antigüidade

Categorías1 bienio2 bienios2b e 1q2b e 2q2b e 2q2b e 4q

Todas1.700 mes3.400 mes7.600 mes12.000 mes16.000 mes20.000 mes

Táboa anexa III

Valor hora extra

CategoríaH. extraH. e Noc.H. e Fest.

Persoal administrativo
Oficial 2º administrativo1.5001.5001.500
Auxiliar administrativo1.3001.3001.300
Lector1.3001.3001.300

CategoríaH. extraH. e Noc.H. e Fest.

Persoal operario
Oficial 1º operario1.5001.5001.500
Oficial 2º operario1.5001.5001.500
Oficial 3º operario1.3001.3001.300
Peón especialista1.3001.3001.300
Peón1.3001.3001.300