Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 18 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas en recursos interpostos contra resolucións de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00247-I-98 e DX-00361-I-98).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00247-I-98

Obstrucción

LE90R0033251838

S. Veiga Iglesias

Xral. Sanjurjo, 53

156 A Coruña

Con data de rexistro de saída 18 de marzo de 1998, requeriuse a S. Veiga Iglesias, para que no improrrogable prazo de 10 días remitise a esta subdirección xeral os discos-diagrama do vehículo matrícula C-8864-D, do período comprendido entre o 12 de xaneiro de 1998 e a data de recepción do requirimento, así como relación de conductores que prestaron os seus servicios no vehículo durante o dito período de tempo, segundo o correspondente xustificante de recepción, a recepción do citado requirimento tivo lugar o 23 de marzo de 1998. Transcorrido o prazo sinalado non cumpriu o citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección impedíndolle o exercicio das súas funcións.Art. 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e Art. 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de

outubro)

Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 R.D. 1211/1990250.000

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00361-I-98

Obstrucción

LE90R0033251838

Ttes. Rey Recemil, S.L.

Piñeiro, s/n

360 Silleda (Pontevedra)

Con data de rexistro de saída 30 de xullo de 1998, foi requirida a empresa Transportes Rey Recemil, S.L., para que no improrrogable prazo de 10 días remitise a esta subdirección xeral os discos-diagrama dos vehículos matrículas C-1459-Z, OR-3188-J e PO-7630-AU, do período comprendido entre o 31 de maio de 1998 e a data de recepción do requirimento, así como relación de conductores que prestaron os seus servicios nos vehículos durante o dito período de tempo, segundo o correspondente xustificante de recepción, a recepción do citado requirimento tivo lugar o 3 de agosto de 1998. Transcorrido o prazo sinalado non cumpriu o citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección impedíndolle o exercicio das súas funcións.Art. 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e Art. 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro,

regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)

Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 R.D. 1211/1990250.000