Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.283

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (105/1998).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o nº 105/1998 se segue xuízo de faltas sobre lesións e ameazas no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela o 18 de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 105/1998, seguidos por lesións, sendo parte denunciante Juan Diego López Cozar, maior de idade, aparecendo como parte denunciada Pablo Aneiros Vázquez, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decisión.-Que debo absolver e absolvo a Pablo Aneiros Vázquez, da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interpoñerá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito e para que conste para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma ó denunciado: Pablo Aneiros Vázquez en ignorado paradoiro, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o vintetrés de decembro de mil novencentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado