Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.282

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (54/1998).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia da procuradora Rodríguez Sánchez, en nome e representación de Mª del Pilar López Varela, contra Manuel González Suárez e Ministerio Fiscal, dictouse con data do 27 de novembro de 1998 sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«En Carballo, o vintesete de novembro de mil novecentos noventa e oito. Vistos por Carmen Caramés Millán, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, os autos de separación conxugal (5*) nº 54/1998 promovidos por María del Pilar López Varela, representada pola procuradora Beatriz Rodríquez Sánchez

e defendida polo letrado Eduardo A. Pedreira Varela, ambos designados en quenda de oficio, contra Manuel González Suárez, declarado en rebeldía, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que estimando parcialmente a demanda de separación interposta pola procuradora Rodríguez Sánchez, en nome e representación de María del Pilar López Varela contra Manuel González Suárez, debo declarar e declaro a separación do matrimonio contraído por ambos con tódolos efectos legais e en especial os seguintes:

1. Cesa a presunción de convivencia matrimonial quedando revogados tódolos consentimentos e poderes que os cónxuxes se outorgasen.

2. Atribúese a garda e custodia da menor Leticia González López á nai, sendo a patria potestade compartida por ámbolos proxenitores, sen fixar un concreto réxime de visitas, atendendo nesta cuestión ó establecido no fundamento xurídico segundo desta sentencia.

3. O pai deberá aboar mensualmente e en doce mensualidades anuais, a cantidade de trinta mil pesetas en concepto de pensión alimenticia en favor da filla menor, sendo actualizable esta anualmente conforme as variacións que experimente o IPC.

4. Non procede fixar ningunha cantidade en concepto de pensión compensatoria en favor da demandante.

5. Firme a presente resolución, notifíquese ó Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio dos cónxuxes.

6. Non hai lugar á imposición de custas a ningunha das partes.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación perante a Audiencia Provincial da Coruña. Únase testemuño do presente edicto ós autos de referencia e lévese o orixinal ó libro de sentencias. Así por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, en cumprimento do acordado, para as súa publicación no Diario Oficial de Galicia, así como para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación en forma ó demandado rebelde Manuel González Suárez, con domicilio descoñecido, expídese o presente edicto en Carballo, dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e oito.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado