Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.282

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (330/1998).

Carmen Caramés Millán, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, fago saber que neste xulgado do meu cargo se segue declarativo menor contía número 330/1998 sobre reclamación de filiación non matrimonial, por instancia de Carmen Pérez Muíño, no cal, nesta data, se dictou providencia e se admitiu a trámite a demanda e se acordou empraza-los demandados en paradoiro descoñecido herdeiros descoñecidos e incertos de Ángel Mota Piñeiro e persoas descoñecidas e incertas que teñan interese no preito, para que no improrrogable prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó que o sexa, comparezan nos referidos autos, comparecendo en forma, de así o crer oportuno, apercibíndoos de que de non o facer, serán declarados en rebeldía e dando por precluído o trámite de contestación á demanda seguirá o xuízo o seu curso, notificándose na sede deste xulgado a providencia en que iso así se acorde e as demais que se dicten.

E para que sirva de emprazamento ós referidos demandados herdeiros descoñecidos e incertos de Ángel Mota Piñeiro e persoas descoñecidas e incertas que teñan interese no preito e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia,así como para s súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expídese o presente edicto en Carballo o quince de decembro de mil novecentos noventa e oito.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado