Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.284

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións de recursos interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-00426-O-98 e tres máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso

LU-00426-O-98

LU-6428-M

G.C. Tráfico

Sondeos Morales, S.L.

Roberto Baamonde, 37

27400 Monforte de Lemos (Lugo)

Circular transportando un compresor e unha máquina de sondaxes, carecendo da tarxeta de transportes, vehículo de servicio privado.

6-3-1998; 17.25; A-6; 517

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 R.D. 1211/199050.000Estimado parcialmente

15.000

LU-01322-O-98

M-1403-IL

G.C. Tráfico

Extr. y Lacados Benavente, S.A.

A Matanza, s/n

15980 Padrón (A Coruña)

Circular transportando carga útil en réxime de servicio público, levando distintivos de servicio privado.

18-8-1998; 11.50; N-540; 1

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 R.D. 1211/199015.000Desestimado

OU-00864-O-98

PO-4874-BB

G.C. Tráfico

Eugenio Pérez Padrón

Boan, 4-1º C

36207 Vigo (Pontevedra)

Realizar un transporte de carga útil (bolsas de cubos de xeo), carecendo o vehículo de tódolos distintivos. Presenta tarxeta de transporte MPC-nacional.

11-10-1998; 14.55; N-120; 579,300

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 R.D. 1211/199015.000Desestimado

XC-01142-O-97

LU-9967-O

G.C. Tráfico

Gerardo González Otero

Lavandeira, 13-2 E 273

(Lugo)

Realizar un servicio público de mercadorías, carecendo o vehículo da tarxeta de transporte. Transporta plantas para a venda na feira de Arzúa.

22-11-1997; 8; AC-234; 12

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, Art. 201 R.D. 1211/199050.000Desestimado