Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións de recursos interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-01358-O-96).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso

LU-01358-O-96

VA-4377-K

G.C. Tráfico

Fernández Cabezas, Carlos

Viñao, 32000 Pumar (Ourense)

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de autorización administrativa. Vehículo lixeiro.

24-6-1996; 10.15; LU-6625; 13

141 O) RLC 140 A) Lei 16/1987, 198 P) RLC 197 A) R.D. 1211/1990

90 Lei 16/1987

41 R.D. 1211/1990

143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000Estimado

254