Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 2 de novembro de 1998, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado acordo de incoación de expediente sancionador VP-C 5/1998.

Advertido erro na dita cédula, publicada no DOG nº 230, do xoves 26 de novembro de 1998, faise a seguinte corrección:

Na páxina 12.732, na columna dereita, onde di: «por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa de infracción en materia de vivenda», debe dicir: «por infracción tipificada como grave no artigo 154 do Regulamento de VPO en relación cos artigos 109 e 110 deste, vixentes pola disposición transitoria 11 do R.D. 3148/1978, do 10 de novembro, sobre política de vivenda».