Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de xaneiro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica á interesada, por resultar descoñecido o seu domicilio, acordo de iniciación do expediente sancionador VP-C 51/1998.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícanselle á interesada o acordo de iniciación do correspondente expediente sancionador que, co número que se indica, se inicia neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria destes a Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans, concedéndolle á interesada quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para faceren cantas alegacións crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que así conste e lle sirva de notificación á interesada de enderezo descoñecido e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 14 de xaneiro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 51/1998.

Carolina Badía Benzano.

Avda. Castelao, 25-baixo dereita, Caranza-Ferrol.