Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 262/98 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; a súa contía e número cítanse no anexo.

Contra estas resolucións o interesado poderá interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun

mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtese que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá de aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobro pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 11 de xaneiro de 1999.

José Mª Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome

-DNI/NIF

-Nº Expediente

-Precepto

infrinxido

-Último domicilio

-Multa

Mª Carmen Álvarez Pérez76.938.963LU-E 262/9823 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Avda. Calvo Sotelo, 30-1º D, Ribadeo80.000 ptas.

Manuel García Martínez76.554.131LU-E 489/9823 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Campo de Ponte, 45, Vilalba80.000 ptas.

Mª Carmen Álvarez Pérez76.938.963LU-E 507/9826 e) LO 1/1992Avda. Calvo Sotelo, 30-1º D, Ribadeo50.000 ptas.

Iván Crespo Ribada33.308.499LU-E 514/9823 e) LO 1/1992r/ Illa de Man, 164-1º, Lugo50.001 ptas.