Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 568/98 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de

iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria a xefa de Negociado, Inés Docando Casanova, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente

a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial de Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 11 de xaneiro de 1999.

José Mª Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome

-DNI/NIF

-Nº Expediente

-Precepto

infrinxido

-Último domicilio

-Multa

máxima

Fernando González Mir37.171.843LU-E 568/9823 e) LO 1/1992r/ Real 4-4º, Monforte de LemosAta 5.000.000 de ptas. e/ou clausura do establecemento polo período de ata 6 meses

Pedro Ramón Yáñez Fernández10.588.473LU-E 569/9826 e) LO 1/1992Avda. Arcadio Pardiñas, 161-3º, BurelaAta 50.000 ptas.

Ramón González Freire34.261.921LU-E 573/9826 e) LO 1/1992Piño, A Pobra de BrollónAta 50.000 ptas.