Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicos os acordos de iniciación de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructor do expediente a Julián Alonso García, posto base grupo A e secretaria a Ángeles San Martín Outeiral, posto base grupo B, ámbolos dous do Servicio de Interior, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presenta-los documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 30 de decembro de 1998.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 635/1998.

Denunciado: Emilio Piedra López.

DNI: 45.427.713.

Enderezo: Rosalía de Castro, 76, portal 2-5º N.

(O Milladoiro )Ames.

Establecemento: Club Caribe.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: ata 50.000 ptas.

Número de expediente: 639/1998.

Denunciado: Emilio Piedra López.

DNI: 45.427.713.

Enderezo: Rosalía de Castro, 76, portal 2-5º N.

(O Milladoiro )Ames.

Establecemento: Club Caribe.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: ata 50.000 ptas.