Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN de 15 de xaneiro de 1999 pola que sa fan públicas as adxudicacións de varios contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fanse públicas as adxudicacións dos seguintes contratos administrativos:

-Realización dunha campaña publicitaria de información sobre as denominacións de calidade dos productos alimentarios galegos e os seus consellos reguladores.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: realización dunha campaña publicitaria de información sobre as denominacións de calidade dos productos alimentarios galegos e os seus consellos reguladores.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 212, do 2 de novembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: trinta e oito millóns oitocentas mil pesetas (38.800.000 ptas.).

5. Adxudicación:

a) Data: 9 de decembro de 1998.

b) Contratista: Q & A Publicidad y Marketing, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trinta e oito millóns setecentas doce mil novecentas setenta pesetas (38.712.970 ptas.).

-Adquisición de diverso material para o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de diverso material para o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia.

Lotes:

Lote 1. Catro axitadores magnéticos, un axitador magnético múltiple (mínimo 9 prazas), un axitador magnético múltiple (5 prazas), un axitador orbital de sobremesa, unha batería de 6 placas calefactoras, unha placa calefactora (control electrónico de temperatura), un baño ultrasóns, unha bomba de baleiro que soporte disolventes, tres estufas de secado con convección natural, unha estufa de secado con ventilación forzada, unha estufa armario con circulación forzada de aire, unha estufa de baleiro en aceiro inoxidable con control electrónico de temperatura, un frigorífico vertical, un arcón conxelador, un evaporador rotativo, unha centrífuga de microtubos.

Lote 2. Unha cabina de sobremesa extractora de vapores disolventes, unha cabina aspiradora para revelado de placas de CCF con spray.

Lote 3. Tres granatarios, dúas balanzas analíticas, unha mesa para dúas balanzas.

Lote 4. Un espectrofotómetro A. A. con cámara de grafito.

Lote 5. Un cromatógrafo de gases con inxector automático, unidade de tratamento de datos.

Lote 6. Un lavador de placas ELISA automático.

Lote 7. Un microscopio estereoscópico con zoom, iluminación diascópica, videomódulo integrado e iluminador de luz fría.

Lote 8. Un extractor para determinación de fibra en vexetais.

Lote 9. Varios sistemas de alimentación ininterrompida (SAI).

Lote 10. Cinco impresoras de inxección de tinta.

Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 215, do 5 de novembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: vintesete millóns cento cincuenta mil duascentas pesetas (27.150.200 ptas.).

Lote 1. Cinco millóns novecentas sesenta mil pesetas (5.960.000 ptas.).

Lote 2. Catrocentas oitenta e cinco mil pesetas (485.000 ptas.).

Lote 3. Un millón novecentas cinco mil pesetas (1.905.000 ptas.).

Lote 4. Seis millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (6.650.000 ptas.).

Lote 5. Catro millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (4.650.000 ptas.).

Lote 6. Seiscentas cincuenta mil pesetas (650.000 ptas.).

Lote 7. Un millón cincocentas mil pesetas (1.500.000 ptas.).

Lote 8. Un millón duascentas noventa mil pesetas (1.290.000 ptas.).

Lote 9. Tres millóns setecentas cincuenta mil duascentas pesetas (3.750.200 ptas.).

Lote 10. Catrocentas mil pesetas (400.000 ptas.).

5. Adxudicación.

a) Data: 30 de novembro de 1998.

b) Contratista:

Lote 1. Afora, S. A.

Lote 2. Galiza Analítica, S.L.

Lote 3. Comercial Rafer, S.L.

Lote 4. Varian Ibérica, S.L.

Lote 5. Varian Ibérica, S.L.

Lote 6. Izasa, S.A.

Lote 7. Leica Microsistemas, S.A.

Lote 8. Gomensoro, S.A.

Lote 9. Salicru, S.A.

(O lote nº 10 foi declarado deserto ó non presentarse ningunha empresa á licitación).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinteseis millóns cento seis mil novecentas oitenta e tres pesetas (26.106.983 ptas.).

Lote 1. Cinco millóns catrocentas vintesete mil trescentas once pesetas (5.427.311 ptas.).

Lote 2. Catrocentas oitenta mil pesetas (480.000 ptas.).

Lote 3. Un millón oitocentas oitenta mil pesetas (1.880.000 ptas.).

Lote 4. Seis millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (6.650.000 ptas.).

Lote 5. Catro millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (4.650.000 ptas.).

Lote 6. Seiscentas cincuenta mil pesetas (650.000 ptas.).

Lote 7. Un millón catrocentas noventa e cinco mil pesetas (1.495.000 ptas.).

Lote 8. Un millón duascentas noventa mil pesetas (1.290.000 ptas.).

Lote 9. Tres millóns cincocentas oitenta e catro mil seiscentas setenta e dúas pesetas (3.584.672 ptas.).

-Adquisición de elementos complementarios de equipos de análise do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Lafiga).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de elementos complementarios de equipos de análise do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Lafiga).

Lotes:

Lote 1. Introductor automático de mostras para o espetrofotómetro de absorción atómica de chama.

Lote 2. Cambiador de mostras para conectar ó valorador automático.

Lote 3. Sistema automático de introducción de mostras, actualización de estación de control e adquisición de datos para HPLC compatible coa instrumentación existente no laboratorio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Orzamento: negociado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: oito millóns seiscentas corenta e dúas mil setecentas corenta e sete pesetas (8.642.747 ptas.).

Lote 1. Un millón cincocentas setenta e oito mil cincocentas vinteoito pesetas (1.578.528 ptas.).

Lote 2. Dous millóns sesenta e catro mil seiscentas dezanove pesetas (2.064.619 ptas.).

Lote 3. Catro millóns novecentas noventa e nove mil seiscentas pesetas (4.999.600 ptas.).

5. Adxudicación:

a) Data: 23 de novembro de 1998.

Contratista:

Lote 1. Perkin-Elmer Hispanaio, S.A.

Lote 2. Gomensoro, S.A.

Lote 3. Waters Cromatografía, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: oito millóns seiscentas corenta e dúas mil setecentas corenta e sete pesetas (8.642.747 ptas.).

Lote 1. Un millón cincocentas setenta e oito mil cincocentas vinteoito pesetas (1.578.528 ptas.).

Lote 2. Dous millóns sesenta e catro mil seiscentas dezanove pesetas (2.064.619 ptas.).

Lote 3. Catro millóns novecentas noventa e nove mil seiscentas pesetas (4.999.600 ptas.).

-Adquisición de diverso material informatico con destino ás diferentes unidades administrativas da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de diverso material informático con destino ás diferentes unidades administrativas da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Lotes:

Lote 1. Material con destino á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Lote 2. Ordenadores.

Lote 3. Impresoras.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 226, do 20 de novembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: vintenove millóns novecentas mil pesetas (29.900.000 ptas.).

Lote 1. Doce millóns de pesetas (12.000.000 de ptas.).

Lote 2. Trece millóns trescentas mil pesetas (13.300.000 ptas.).

Lote 3. Catro millóns seiscentas mil pesetas (4.600.000 ptas.).

5. Adxudicación:

a) Data: 17 de decembro de 1998.

Contratista:

Lote 1. Sermática.

Lote 2. Coremain, S.L.

Lote 3. Inforhouse, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vintenove millóns novecentas mil pesetas (29.900.000 ptas.).

Lote 1. Doce millóns de pesetas (12.000.000 de ptas.).

Lote 2. Trece millóns trescentas mil pesetas (13.300.000 ptas.).

Lote 3. Catro millóns seiscentas mil pesetas (4.600.000 ptas.).

-Adquisición de maquinaria para a finca de Bos (Guísamo-A Coruña).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de maquinaria para a finca de Bos (Guísamo-A Coruña).

Lotes:

Lote 1. Un tractor con pa.

Lote 2. Un carro picador mesturador (UNIFEED).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: sete millóns oitocentas mil pesetas (7.800.000 ptas.).

Lote 1. Cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.).

Lote 2. Dous millóns oitocentas mil pesetas (2.800.000 ptas.).

5. Adxudicación:

a) Data: 17 de decembro de 1998.

b) Contratista:

Lote 1. Maquinaria Agrícola do Noroeste, S.L.

Lote 2. Agícola Curtis, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: sete millóns oitocentas mil pesetas (7.800.000 ptas.).

Lote 1. Cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.).

Lote 2. Dous millóns oitocentas mil pesetas (2.800.000 ptas.).

-Realización dunha campaña de promoción do consumo de carne de porcino.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: realización dunha campaña de promoción do consumo de carne de porcino.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: negociado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: cinco millóns catrocentas oitenta mil seiscentas vinteunha pesetas (5.480.621 ptas.).

5. Adxudicación:

a) Data: 16 de decembro de 1998.

b) Contratista: Tactics, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cinco millóns catrocentas oitenta mil seiscentas vinteunha pesetas (5.480.621 ptas.).

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Conselleria de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria