Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 18 de novembro de 1998 pola que se lle outorga a José Ojea Triñanes permiso de actividade para centro de expedición en Cambra, Palmeira, Ribeira (A Coruña).

Visto o expediente iniciado por instancia de José Ojea Triñanes con DNI 33.112.437-G, no que solicita permiso de actividade para centro de expedición nas instalacións que posúe en Cambra, Palmeira, Ribeira, autorizadas como estación depuradora.

Tendo en conta que se procedeu á súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares localizados na zona terrestre.

Vistos os informes que constan no expediente, así como a proposta da Delegación Territorial da Coruña, logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico, esta consellería

ACORDA:

Outorgar a José Ojea Triñanes (DNI 33.112.437) permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun centro de expedición (establecemento auxiliar de cultivos mariños) nas instalacións localizadas en Cambra, Palmeira, concello de Ribeira (A Coruña) autorizadas á dita empresa, como estación depuradora, por Orde do 12-9-1986 (DOG nº 194, do 7 de outubro)

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade que terá vixencia desde a publicación da presente orde no DOG

ata o 7-10-2006, poderá ser prorrogado discrecionalmente, por petición do interesado realizada nos sesenta (60) días anteriores ó remate da vixencia.

Segunda.-A presente autorización non implica modificación na estructura, distribución da nave nin do dominio público marítimo-terrestre ocupado, autorizados á estación depuradora.

Terceira.-O permiso de actividade ó que se refire esta orde extinguirase polo incumprimento dalgunha das súas condicións e nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Cuarta.-O establecemento cumprirá as condicións establecidas no Real decreto 308/1993, do 26 de febreiro (BOE nº 76) polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria que fixa as normas aplicables á comercialización de moluscos bivalvos vivos e demais lexislación aplicable a este tipo de establecementos.

Quinta.-O outorgamento do permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións que de acordo coa lexislación vixente sexan procedentes.

Sexta.-O interesado xustificará o aboamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados), ou acreditará a declaración de non estar suxeito a tal imposto, feita pola delegación de Facenda ou a oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura