Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/348-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Picheira-Senra.

Situación: Ortigueira.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,06 km con orixe en apoio s/n da L.M.T. Pravio Pol-Couce das Taugas (expediente 9896) e final no C.T. Picheira, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. L.M.T. aérea a 15/20 kV de 0,036 km con orixe en apoio s/n da L.M.T. Ermo-O Pimpín-Insua (expediente 19911) e final no C.T. As Cabanas, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. de 50 kVA, 20.000/380-220 V en Picheira. C.T. de 50 kVA, 20.000/380-220 V nas Cabanas. L.B.T. aérea de 0,812 km con orixe no C.T. Picheira, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

L.B.T. de 0,74 km con orixe no C.T. As Cabanas, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. L.B.T. aérea, de 0,861 km con orixe no C.T. Cocheiras, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 18 de decembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña