Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/168-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Eléctrica Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: Ronda da Coruña, 36, 15000 Melide.

Denominación: L.M.T., C.T. Moldes-S. Cosme-Campos.

Situación: municipio de Melide. A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, de 2.192 m de lonxitude, con orixe na liña Rechinol-Campogrande (expediente 51329) e final no C.T. que se vai instalar en San Cosme. Centro de transformación aéreo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV denominado Moldes-Melide. Concello de Melide. A Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 15 de decembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

11874