Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: R.B.T. de Pedreiras.
Situación: Negreira.
Características técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z. Pedreiras de 515 m de lonxitude. Concello de Negreira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 14 de decembro de 1998.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións
11651